Margarita Costa Tenorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margarita Costa Tenorio
Nome completoMargarita Costa Tenorio
Nacemento16 de febreiro de 1951
Lugar de nacementoVigo
Falecemento21 de decembro de 2012
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónbióloga e profesora
editar datos en Wikidata ]

Margarita Costa Tenorio, nada en Vigo o 16 de febreiro de 1951 e finada en Madrid o 21 de decembro de 2012, foi unha bióloga galega especializada en botánica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Madrid coa súa familia, e licenciouse en bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid en 1974. Ese mesmo ano ingresou como profesora na Facultade de Bioloxía, na que desenvolveu toda a súa carreira profesional ata a súa xubilación en 2011.

En 1978, obtivo o grao de doutora coa defensa da súa tese Contribución al estudio de la flora y vegetación de la Alcarria de Cuenca. Foi profesora adxunta dende 1979 e profesora titular dende 1987. En todo este tempo como docente impartiu a materia Fitosocioloxía, posteriormente denominada Vexetación Ibérica.

Na súa dilatada carreira profesional especializouse no eido da botánica, creando un grupo de traballo entre profesorado e alumnado, froito do traballo deste foi a publicación do libro Los bosques ibéricos.

Dirixiu diferentes teses doutorais, destacando unha presentada en 1996 cuxa temática é un estudo etnobotánico da serra Mágina (Xaén) e en 1998 outra tese doutoral sobre a distribución dos piñeirais albares do Sistema Central Español.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ángel Ramón Núñez. “In Memoriam Margarita Costa Tenorio (1951-2012)” Botanica Complutensis 37:223-225.2013. Consultado 5 de marzo de 2016.