Margaret Dorothea Rowbotham
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1883 Plumstead, Reino Unido (en) |
Morte | 23 de febreiro de 1978 (94 anos) |
Educación | Girton College |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira, activista polos dereitos das mulleres |
Membro de |
Margaret Dorothea Rowbotham , tamén coñecida como Dorothy Rowbotham, nada en Plumstead o 19 de xuño de 1883 e finada o 23 de febreiro de 1978. Foi enxeñeira, activista polos dereitos laborais das mulleres e membro fundadora da Women's Engineering Society .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Margaret Rowbotham (ás veces coñecida como Madge) [1] era filla de John Edward Rowbotham, un corredor de barcos, e de Miriam Anne Isaac. [2] Foi educada en Blackheath High School [3] e graduouse en 1905 en Girton College, Cambridge, onde estudou matemáticas.[4] De Cambridge Training College, recibiu un diploma para ensinar.[3]En 1935, declarou no Rexistro de Mulleres Enxeñeiras que era "unha das primeiras seis mulleres motociclistas".[5]
Carreira
[editar | editar a fonte]De 1906 a 1913 ensinou matemáticas na Escola Roedean para nenas de Brighton . [3] Despois de completar seis meses de formación en enxeñaría de motores na British Racing School, recibiu un certificado de condución RAC. [2] En 1914 seguiulle unha asignación como profesora no Rupert's Land Ladies' College, en Winnipeg, Manitoba, onde permaneceu dous anos. [3] [6]
Ingresou na Galloway Engineering Co. en Tongland preto de Kirkcudbright, Dumfriesshire, converténdose en superintendente de obras en Tongland Works a partir de 1917. [3]
Despois da primeira guerra mundial, cando a Lei de restauración das prácticas anteriores á guerra de 1919 significou a perda de emprego para moitas enxeñeiras cualificadas, formouse a Women' s Engineering Society en 1919. Margaret Rowbotham foi unha das fundadoras e membro xunto a Rachel Parsons ; Lady Katharine Parsons ; Margaret, Lady Moir ; Laura Annie Willson e Janetta Mary Ornsby . [1] Foi membro do consello da sociedade ata 1944, [2] foi nomeada membro de honra da sociedade en 1962 e mantívose implicada nela durante toda a súa vida. [7][8]
En 1921, foi empregada na Swainson Pump Company en Newcastle como subdirectora de construción. [3] Despois traballou en Model Laundries de 1922 a 1923 con Ethyl Jayne, antes de regresar para ensinar na escola de Roedean en 1924. [3] En 1927, foi nomeada directora da empresa de enxeñaría eléctrica M. Partridge & Co., fundada pola súa compañeira Margaret Partridge, onde permaneceu ata 1953. [3] Tamén traballou noutros postos de enxeñeira.
Nos seus últimos anos, traballou en Eastbourne como xerente dunha casa de hóspedes. [7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 HEALD, HENRIETTA. (2019). MAGNIFICENT WOMEN AND THEIR REVOLUTIONARY MACHINES. [S.l.]: UNBOUND. ISBN 978-1783526604. OCLC 1080083743.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Baker, Nina C. (12 xullo 2018). "Rowbotham, Margaret Dorothea": Oxford Dictionary of National Biography. doi:10.1093/odnb/9780198614128.013.110231.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Margaret Dorothea Rowbotham" 12 (8): 2. Arquivado dende o orixinal o 10 maio 2019. Consultado o 15 xuño 2017.
pp. 66
- ↑ "Rowbotham, Margaret". Consultado o 15 xuño 2017.[Ligazón morta]
- ↑ Koerner, Emily Rees (2019-08-22). "Learning more from the archives: the Register of Women Engineers, 1935" (en inglés). Consultado o 2021-02-21.
- ↑ "Historic Sites of Manitoba: Havergal College / Rupert's Land Girls School (122 Carlton Avenue, Winnipeg)". Arquivado dende o orixinal o 3 agosto 2016. Consultado o 15 xuño 2017.
Teachers (partial list)... Margaret Dorothea Rowbotham (1914-1916)
- ↑ 7,0 7,1 Georgine Clarsen (2003), «'A Fine University for Women Engineers': a Scottish munitions factory in World War I»[1]
- ↑ "Obituary" 12 (7): 4. Arquivado dende o orixinal o 10 maio 2019. Consultado o 15 xuño 2017.
page 64 of electronic file