Saltar ao contido

Marcial Peralba Fontáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcial Peralba Fontáns
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1965 Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde do Porriño
15 de maio de 1939 – novembro de 1939 – Jesús Louzán Giráldez →
Alcalde do Porriño
agosto de 1931 – agosto de 1932
← Serafín Areal GiráldezSilvino González García → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata

Marcial Peralba Fontáns, nado no Porriño e finado no mesmo concello o 25 de novembro de 1965,[1] foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Contratista de obras. Concelleiro do Porriño en 1930, foi elixido primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por José Carrera Domínguez.[2] Na Segunda República fundou con Manuel Cabaleiro Comesaña a Agrupación Republicana do Porriño.[3] Logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, que foron anuladas polo gobernador civil nun dos distritos electorais e houbo que repetirlas o 12 de xullo,[4] obtendo finalmente a vitoria a conxunción republicano-socialista que logrou 10 concelleiros fronte aos 6 dos antigos upetistas, foi elixido alcalde do Porriño en agosto de 1931.[5][6] Foi cesado en agosto de 1932 por incompatibilidade.[7] Foi elixido presidente do Casino do Porriño en xaneiro de 1934.[8] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro do Porriño en 1937 e elixido segundo tenente de alcalde.[9] O 15 de maio de 1939 tomou posesión como alcalde, permanecendo no cargo até novembro dese ano.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Cabaleiro Rodríguez e foi pai de Carmen, María Rogelia e Marcial Peralba Cabaleiro.

  1. El Pueblo Gallego, 26-11-1965, p. 10.
  2. El Pueblo Gallego, 19-3-1931, p. 7.
  3. El Pueblo Gallego, 13-5-1931, p. 3.
  4. El Tea, 23-7-1931, p. 2.
  5. El Tea, 3-8-1931, p. 2.
  6. El Tea, 11-8-1931, p. 3.
  7. El Sobroso, 1-9-1932, p. 2.
  8. El Tea, 4-1-1934, p. 2.
  9. El Pueblo Gallego, 19-12-1937, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Serafín Areal Giráldez
 
Alcalde do Porriño
 
1931 - 1932
Sucesor:
Silvino González García
Predecesor:
Licer Ramilo Portela
 
Alcalde do Porriño
 
1939
Sucesor:
Jesús Louzán Giráldez