Río Marasanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Marasanda")

Marasanda foi o nome hitita dun río de Anatolia, correspondente ao clásico río Halys ou ao moderno Kizil Irmak.

Os kaskas de Pishuru ao comezar o século –XIII ocuparon Ishupitta e Daistipassa, na Terra Alta Hitita, e, acto seguido, Landa, Marista e algunhas cidades fortificadas dos hititas; os hititas os deron contido e os kaskas continuaron avanzando cara ao sur, cruzando o río Marasanda ou Maraššanda e chegando ata a terra de Kanis (Kanesh).