María Teresa González
María Teresa González | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1950 |
Lugar de nacemento | Xixón |
Falecemento | 23 de maio de 1995 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Teresa González Fernández, nada en Xixón o 28 de novembro[1] de 1950 e finada na mesma cidade o 23 de maio[2] de 1995, foi unha escritora asturiana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada na parroquia de Tremañes do concello de Xixón. Con dezasete anos entrou como aprendiz na empresa de aplicacións eléctricas CRADY; e alí seguiu a traballar ata o seu peche en 1987. Canda o seu marido, Vicente García Oliva, foi unha das fundadoras do núcleo xixonés de Conceyu Bable en 1975. Escribiu os seus primeiros poemas arredor de 1984 e gañou diversos concursos literarios aparecendo a súa poesía en diferentes publicacións periódicas.
En 1987 publicou o seu primeiro libro, a escolla poética Collaciu de la nueche, e con 37 anos principiou a estudar auxiliar de clínica nun centro de formación profesional, logo traballou nun centro de atención de discapacitados psíquicos e como coidadora do Inserso[3]. En 1993 apareceu o seu terceiro poemario Heliocentru e en 1994 o seu primeiro e único libro de relatos La casa y otros cuentos. Faleceu en Xixón en 1995 logo dunha longa enfermidade.
Está representada en diferentes escolmas, como poeta e mais como narradora: Antoloxía poética del Surdimientu (1989), El secretu de la lluvia (1992), La patria de la piel (1992), Antoloxía del cuentu asturianu contemporaniu (1994), Muyeres que cuenten (1995) e Les muyeres y los díes de la poesía asturiana contemporánea (1995). En 1996, o Ateneo Obrero de Xixón deu ao prelo a súa poesía completa, na colección «Tiempu de cristal». Foi colaboradora habitual das revistas Lletres Asturianes e Lúnula. En 2008 a XXIX Selmana de les Lletres Asturianes estivo dedicada á súa obra e con ese motivo a editorial Trabe publicou as súas obras completas.
Obra[editar | editar a fonte]
- Collacio de la nueche. — ed. autor, 1987
- Ochobre. — Azucel: Avilés, 1989
- Con húmedos lamentos de felino. — Sociedad Cultural Gesto: Xixón, 1990 (premio Cálamo de poesía erótica, en castelán)
- Heliocentru. — La Currimanxa: Turón, 1991. (2ª ed. Academia de la Llingua Asturiana: Uviéu, 1993)
- La casa y otros cuentos. — Trabe: Uviéu, 1994
- Poesía completa. — Atenéu Obreru: Xixón, 1996
- Mª Teresa González. Obras completas Trabe: Uviéu, 2008
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cañas destaca que la escritora María Teresa González es una "luchadora" y un ejemplo de compromiso con el asturiano" EuropaPress, 5 de maio de 2008
- ↑ Necrolóxica El País, 25 de maio de 1995
- ↑ "La Selmana de María Teresa González". La Nueva España, 6 de maio de 2008