Manuel Magariños Castaños
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1871 Valga, España |
Morte | 16 de xullo de 1941 (69/70 anos) Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Manuel Magariños Castaños, nado en Valga o 18 de novembro de 1871 e finado en Montevideo o 16 de xullo de 1941, foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou de mozo ao Uruguai onde traballou como dependente de comercio, empregado de rematador e máis tarde rematador por conta propia. Marchou ao Brasil onde traballou no diario A Actualidade e en La España. Despois afincouse no Uruguai e fundou en 1906 o periódico El Diario Español, co obxectivo de manter informada á colonia española e en especial á galega da actualidade de España e Galicia.
A Administración Nacional de Correos do Uruguai dedicoulle un selo en 2006, con motivo do centenario de El Diario Español[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 366.