Manuel García de Castro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, político |
Manuel García de Castro Calviño foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José María García de Castro Porto e Gregoria Calviño Naya. Sobriño de Gregorio García de Castro Porto e irmán de José García de Castro Calviño. Veciño de Agrón, foi xuíz municipal de Ames en 1883.[1] Substituíu a Emilio Méndez Brandón na dirección de El Boletín del Pueblo o 25 de xuño de 1889.[2] Colaborou en El Regionalista e El Alcance.[3] Marchou a Arxentina en 1899.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción López de la Barrera Montenegro.