Manuel Fernández Lamela
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1927 valor descoñecido |
| Morte | 29 de xullo de 2008 Muros, España |
| 1979 – 1979 (dimisión) ← José María Monteagudo Romaní – Paulino Lago Chouza → | |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, político |
| Premios | |
| |
Manuel Fernández Lamela, nado en 1927 e finado en Muros o 29 de xullo de 2008, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Muros e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Tan só un mes despois de acceder á alcaldía presentou a súa dimisión xunto con outros 7 concelleiros de UCD, debido a incumprimentos do partido con Muros e discrepancias ideolóxicas dalgúns edís.[1][2] Finou en Muros o 29 de xullo de 2008.[3] O 30 de outubro de 2008 foi nomeado de maneira póstuma fillo predilecto de Muros xunto a Paulino Lago Chouza.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 26-5-1979, p. 57.
- ↑ La Voz de Galicia, 30-5-1979, p. 35.
- ↑ La Voz de Galicia, Barbanza, 31-7-2008, L3.
- ↑ "Lamela y Lago Chouza serán Fillos Predilectos". El Correo Gallego. 30 de outubro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: José María Monteagudo Romaní |
Alcalde de Muros 1979 |
Sucesor: Paulino Lago Chouza |