Manuel Crespo Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Crespo Vázquez
Nacemento1902
Lugar de nacementoDozón
Falecemento11 de xaneiro de 2007
Lugar de falecementoO Castro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Crespo Vázquez, nado en Dozón en 1902 e finado no Castro o 11 de xaneiro de 2007,[1] foi un político galego, alcalde de Dozón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro de Dozón dende 1940.[2] Foi alcalde de Dozón dende principios dos anos 50 até 1987. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse como independente, obtendo a maioría. Nas municipais de 1983 presentouse pola Coalición Popular, volvendo repetir a maioría. Non concorreu ás eleccións municipais de 1987 e foi sucedido na alcaldía por Adolfo Campos Panadeiros o cabeza de lista de Independentes de Dozón, que aínda que só obtivo 3 dos once concelleiros, grazas a unha tripla alianza logrou proclamarse alcalde.


Predecesor:
Casiano Galego Rodríguez
 Escudo de Dozón.svg
alcalde de Dozón
 
1950 - 1987
Sucesor:
Adolfo Campos Panadeiros

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-1-2007, p. 49.
  2. El Pueblo Gallego, 11-2-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]