Manuel Castro Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Castro Caldelas, España |
Morte | maio de 1999 (86/87 anos) Castro Caldelas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | inventor |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Castro Fernández, coñecido como Aviador e Inventor, nado en Castro Caldelas en 1912 e finado no mesmo concello en maio de 1999,[1] foi un inventor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi empregado de telégrafos en Vigo, e despois fíxose radiotelegrafista de aviación civil. Na guerra civil trabalou nos laboratorios de radio das forzas aéreas franquistas. Instalouse en Madrid e en 1945 comezou a traballar para Iberia, ascendendo dous anos despois a xefe dos talleres de radio da compañía. Creou un modelo mellorado de radiolocalizador de avións.[2] Por este invento foi premio e mención honorífica da exposición universal e de investigación de Bruxelas de 1957.[3][4] En xuño de 1957 a revista Blanco y Negro dedicou un artigo ao radiolocalizador, destacando o modelo de Manuel Castro entre os sistemas anteriores de radiolocalización pola súa posible utilización en calquera punto do globo, xa que era sensible a toda clase de sinais. A pantalla admitía mapas de escala variable, o que permitía utilizar en cada momento a carta máis conveniente.[5]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- En 1965 foi premio Juan de la Cierva de investigacións científicas.
- O Instituto Nacional de Industria concedeulle dúas medallas ao mérito do traballo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 25-5-1999, p. 56
- ↑ "Tres años de trabajo, cálculos e investigaciones han dado como fruto el radiolocalizador". La Noche: 3. 8 de febreiro de 1957.
- ↑ "Un gallego ganó el Gran Premio Internacional de Inventores". La Noche: 3. 22 de marzo de 1957.
- ↑ "Un gallego, premio internacional de Inventores". La Voz de Galicia: 8. 23 de marzo de 1957.
- ↑ "Aquí, el inventor". Blanco y Negro: 117. 8 de xuño de 1957.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- JÁUREGUI, Ana (1991). Von Braun. Barcelona: Labor. p. 216. ISBN 843357163X.