Manuel Camaño Fandiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Camaño Fandiño
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , activista Editar o valor em Wikidata

Manuel Anxo Camaño Fandiño,[1] máis coñecido como Manolo Camaño, nado en Cangas en 1960,[2] é un sindicalista e activista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na segunda parte da década de 1990 foi voceiro da Asemblea de Mariñeiros en Loita d'O Morrazo,[3] organización que aglutinaba boa parte dos mariñeiros da bisbarra afectados polo conflito entre a UE e Marrocos sobre os dereitos da frota dos primeiros a faenar nos caladoiros saharauis. No marco destas protestas, Camaño foi encausado xunto con outros sindicalistas.[4]

En 1999 foi elixido secretario xeral do sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT), creado o ano anterior. Permaneceu no cargo ata o IV Congreso Nacional da CUT, celebrado no ano 2009[5].

Posteriormente ocupou diversos cargos organizativos no sindicato, sendo membro de Executiva Nacional[6] e responsable de Relacións Internacionais.[7].

Notas[editar | editar a fonte]