Manuel Brañas Cancelo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Serantes, España |
Morte | 19 de xaneiro de 2012 (102/103 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Galeguista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Xosé María Brañas Pérez |
Irmáns | Xohán Brañas |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Brañas.
Manuel Brañas Cancelo, nado en Serantes en 1909 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 2012, foi un militante galeguista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Maquinistas da Armada de Ferrol. Foi simpatizante do Partido Galeguista. Nos primeiros días da sublevación do 36, por lealdade á república e ao goberno legal, negouse a ir a filas. Manuel estivo preso no buque prisión Plus Ultra, acusado de desafecto á rebelión. Foi desterrado a Haro. Despois da guerra colaborou con Isidro Parga Pondal na empresa Kaolines de Laxe e máis tarde traballou en Pescanova.
Foi pai de Manuel e Xosé María Brañas Pérez.