Manu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Manu
Autor/aManuel Jabois
OrixeGalicia
LinguaCastelán
Xénero(s)Novela
EditorialPepitas de calabaza ed.
Data de pub.xuño 2013
Formatoedición rústica cosida a fío
Páxinas124
ISBN978-84-15864-04-8

Manu é unha novela en lingua castelá de Manuel Jabois, publicada por Pepitas de calabaza ed. en maio de 2013.

Trama[editar | editar a fonte]

A obra está protagonizada polo propio Manuel Jabois, quen conta a súa experiencia tras ser pai por primeira vez. Cun estilo singular, Jabois describe a modo de diario o último ano da súa vida: o embarazo da súa muller, o falecemento do seu avó nos mesmos días que nace o neno, o xornalismo e as primeiras estancias en Madrid.

Ademais, recorda outros episodios do pasado, como a súa xuventude, o momento en que coñece á súa muller e a súa relación ou diferentes anécdotas da súa carreira de xornalista.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra ten narrador en primeira persoa, e está baseada nas súas experiencias persoais, pero esaxerando a realidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]