Manifestación polo Occitano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Manifestación polo occitano alcumada Anem! Per la lenga occitana, òc! ("Vamos! Pola lingua occitana, si!") é unha manifestación organizada polo colectivo Manifestar per l'occitan, colectivo está formado polas principais asociacións occitanas (Institut d'Estudis Occitans, Felibritge, F.E.L.C.O., Calandreta, Òc-Bi e Conselh de la Joventut d'Òc).

Esta manifestación ten o obxectivo de potenciar a diversidade lingüística e cultural en Francia e no mundo, e pedir ao estado unha política pública para a lingua occitana.

Manifestación de Carcassona do 22 de outubro de 2005[editar | editar a fonte]

A manifestación pola lingua occitana de Carcassona obtivo un grande éxito popular, con entre 8.000 e 12.000 persoas presentes. A comitiva partiu do xardín André Chenier para chegar á Cidade de Carcassona. Na fin da manifestación, a xente cantou Se canta, considerada como o himno de Occitania. Após a manifestación, a asociación Gardarem la Tèrra organizou unha grande festa con diversos grupos de música en Vilagalhenc (Besièrs). Con aquela mobilización, o movemento occitanista amosou que non é un movemento marxinal, e fálase dun antes e un despois da manifestación de Carcassona.

Fotografías da manifestación de Carcassona[editar | editar a fonte]

Manifestación de Besièrs do 17 de marzo de 2007[editar | editar a fonte]

Máis de 20.000 persoas manifestáronse para facer entrar as linguas minorizadas nas eleccións presidenciais e para apoiar a lingua e cultura occitanas. O obxectivo foi demandar a modificación do artigo segundo da constitución francesa e a ratificación da carta europea de protección das linguas rexionais e minorizadas.

Esta manifestación estivo maracada pola presenza de Felibritge, así como a de diversos políticos coma o cónsul de Tolosa Jean-Luc Moudenc ou a candidata ás presidenciais dos Verdes, Dominique Voynet, así como representantes doutros candidatos. Apoiaron a marcha delegacións bretoas, catalás, vascas e corsas.

Fotografías da manifestación de Besièrs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]