Mana
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de marzo de 1969 Hiroshima |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor |
| Período de actividade | 1986 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Gothic metal, metal industrial, neoclassical dark wave (en) |
| Influencias | |
| Instrumento | Guitarra, sintetizador, baixo e batería |
| Selo discográfico | Midi:Nette (pt) |
| Sitio web | manamonologue.blog16.fc2.com |
Mana (en xaponés マナ), nado o 19 de marzo de 1969 en Hiroshima, é un músico, produtor musical e deseñador de moda xaponés.
Triunfou como líder e guitarrista na banda de visual kei Malice Mizer. Actualmente atópase traballando no seu proxecto Moi dix Mois. Coñecido en todo o mundo como unha das iconas máis importantes do movemento Gothic Lolita. Co seu estilo de vestir axudou a pupularizar este movemento, así como coa creación da súa marca de roupa Moi meme moitie; aínda que nas súas últimas aparicións mostrouse usando roupas máis masculinas, que se poderían clasificar dentro do estilo Gothic Aristocrat.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descoñécese o ano exacto do seu nacemento, así como o seu nome real. Desde moi novo foi introducido na música clásica polo seu pai, un profesor de música nun instituto de Hiroshima. A música clásica foi unha das grandes influencias para el dende entón. Despois da graduación, Mana mudouse a Tokyo.
