Mamonas Assassinas
Mamonas Assassinas | |
---|---|
Orixe | Guarulhos, Estado de São Paulo, Brasil |
Período | (Utopia) 1990 - 1994 (Mamonas Assassinas)1995–1996 |
Xénero(s) | Música rock |
Selo(s) discográfico(s) | EMI |
Membros | Dinho Bento Hinoto Júlio Rasec Samuel Reoli Sérgio Reoli |
Artistas relacionados | Utopia |
Na rede | |
Páxina oficial | |
Mamonas Assassinas foi unha banda brasileira de rock cómico formada en Guarulhos en 1990, que nun comezo tiña o nome de Utopia. O seu son era unha mestura de punk rock con influencias de xéneros populares, como o forró (Jumento Celestino), a brega (Bois Don't Cry), o heavy metal (Débil Metal), o pagode (Lá Vem o Alemão), música mexicana (Pelados em Santos), reggae (Onon Onon) e vira (Vira-Vira). A carreira da banda, co nome de Mamonas Assassinas, durou de xullo de 1995 até o 2 de marzo de 1996 (pouco máis de 7 meses). Tiveron un éxito meteórico. Cun único álbum de estudio, Mamonas Assassinas, lanzado en xuño de 1995, o grupo vendeu máis de 3 millóns de copias no Brasil, sendo certificado como disco de diamante comprobado pola ABPD.[1] Con letras humorísticas, o álbum lanzou ós "Mamonas" ó estrelato nacional. Porén, en marzo de 1996, no auxe da carreira, a banda foi vítima dun accidente aéreo sobre a Serra da Cantareira, o que ocasionou a morte de todos os seus integrantes.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Demos
[editar | editar a fonte]- 1992: A Fórmula do Fenômeno
Álbum de estudio
[editar | editar a fonte]- 1995: Mamonas Assassinas
Coletânea
[editar | editar a fonte]Álbum Ao Vivo
[editar | editar a fonte]- 2006: Mamonas Ao Vivo
Videografía
[editar | editar a fonte]- 1996: MTV na Estrada (relanzado en DVD, 2004)
- 2002: Show Ao Vivo (Arquivo Familiar) CineArts
- 2008: Por Toda Minha Vida - Mamonas Assassinas
- 2009: Mamonas, o Doc
- 2011: Mamonas para sempre
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 1996: Mamonas Assassinas: Bla Bla Bla - A Biografía Autorizada
- 1996: O Último Voo - Investigação Sem Limites
- 1997: Pitchulinha - Minha Vida Com Dinho, Até que os Mamonas Nos Separem
- 1997: O Breve Voo de Longas Asas
- 2005: Mamonas Na Chaminé
Premios
[editar | editar a fonte]- Troféu Xuxa Hits 1995
- Prêmio SBT de Música 1995 - Revelação
- Troféu Imprensa 1996 - Revelação do Ano
- Troféu Imprensa 1996 - Melhor Música (Pelados em Santos)
- Troféu 1996 - Melhor Banda Do Ano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mamonas Assassinas". pro-musicabr.org.br. Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Lançado CD com música inédita dos Mamonas Assassinas". Perfil News - Notícias de Três Lagoas e região (en portugués). Consultado o 2020-04-01.