Mamede Casanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMamede Casanova
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbandidaxe Editar o valor em Wikidata


Mamede Casanova, coñecido como Toribio de Mañón, foi un dos bandidos galegos máis coñecidos de comezos do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En novembro de 1900 asaltou, con outras persoas, a Casa Rectoral da Graña. A intención era asustar ao cura mais tamén levaron os cartos que atoparon na casa. O crego escapa pero morre a súa criada. Despois desa noite Casanova sería acusado de asasinato.[1] Foi persequido pola Garda Civil pola comarca de Ortigueira. Tres anos de continuos apresamentos, fugas e asaltos que fixeron del unha figura case lendaria.

As lendas falan de que tiña:

"forza capaz de romper os grilletes, capacidade para quitalos, destreza para espirse e vestirse cos ferros postos, habilidades de xente para gañarse en pouco tempo a simpatía dos seus compañeiros de prisión e promover un disturbio que sería favorable para el, intelixencia para buscar e atopar axuda misteriosa entre as persoas fóra do cárcere que veñen axudalo nas súas fuxidas, disimulo e dominio fóra do normal"[2]

En 1903 intentou fugarse da cárcere da Coruña e foi trasladado ao castelo de Santo Antón. O delincuente galego, responsable da morte de dous curas, das feridas duns gardas civís así como de roubos, violacións e incendios, rompera cadeas e grilletes e forzou portas grazas a súa capacidade física.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.