Mama Coca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mama Coca é, nalgunhas versións das lendas sobre a orixe da etnia inca, a muller de Sinchi Roca, o segundo Inca, fillo de Manco Cápac e Mama Ocllo, os fundadores do Imperio Inca.

Lenda[editar | editar a fonte]

Ao morrer Mama Coca, Sinchi Roca "... mandou construírlle unha huaca e efectuar permanentes sacrificios de sangue e chicha nela, ata que un día brotou un arbusto; o Inca tomou as súas follas e as mantiña na boca todo o tempo, crendo así estar en contacto coa morta. Dos seus froitos mandou sementar unha chagra, cuxas follas cargaba nunha jigra de la para mascalas e para dalas a aqueles que se distinguían ao seu servizo, a quen podía permitirlles tamén que a sementaran. Á súa morte, enterróuselle na mesma huaca e os seus sucesores mantiveron durante séculos a tradición de mascar e dar a coca, co cal estendeuse o seu cultivo, mais sempre entre os afectos aos Incas, ao tempo que se mantiña prohibida ao povo"[1].

Tamén se lle asocia co sexo excesivo, ou díse que era unha muller promiscua que a partiron en dous os seus amantes e que do seu corpo saíu o arbusto da coca.

Notas[editar | editar a fonte]