Saltar ao contido

Mamá Ladilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamá Ladilla
OrixeMadrid, España
Período1994 − presente
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)BOA
Bliss Records
BKT
MembrosJuan Abarca
Javier Rojas
Ferro
Antigos membrosLlors Merinos
Na rede
www.mamaladilla.com
Musicbrainz: 65a362ab-0c94-4970-9d65-6ac0993f731d Songkick: 127297 Discogs: 1815905 Editar o valor en Wikidata

Mamá Ladilla é un grupo de rock español, formado en Madrid en setembro de 1994.

O grupo posúe un repertorio consistente en cancións de ton humorístico, con letras nas cales abundan os xogos de palabras, as referencias á cultura popular, a escatoloxía e o surrealismo en xeral. Con todo, ao contrario que a maior parte dos grupos que utilizan o humor como signo de identidade, Mamá Ladilla foxe do punk en favor dun rock con riffs máis elaborados, presenza de sos instrumentales e, en xeral, unha maior complexidade e virtuosismo. Eles definen o seu estilo como punk-rock progresivo e basto.

Antigos membros

[editar | editar a fonte]

A maqueta e o primeiro disco

[editar | editar a fonte]

Os tres componenentes de Mamá Ladilla coñécense xa antes de formar o grupo debido á súa presenza conxunta en diversas formacións musicais, de modo que en setembro do ano 1994 deciden formar unha banda que finalmente quedará como trío, usando como repertorio os temas que xa está empezando a compoñer Juan Abarca. Rapidamente, e ao levar xa tempo todos eles mergullados no mundo da música, non lles resulta difícil comezar a presentar concertos por diversos lugares, xa definitivamente como trío e co nome de Mamá Ladilla.

Precisamente nun destes primeiros concertos, na sala Siroco, en Madrid, en novembro do mesmo ano 1994, a actuación é gravada en casete polo técnico de son; esta cinta é posteriormente titulada sen mestura previa algunha como Directamente a la basuera e, introducindo tamén algúns temas caseiros gravados en solitario por Juan Abarca, resulta a primeira maqueta do grupo. Este último encarga algúns centenares de copias que posteriormente cada membro distribúe entre multitude de amigos e coñecidos, de modo que en non demasiado tempo Mamá Ladilla convértese nun grupo máis ou menos coñecido, polo menos en ámbitos alternativos.

Grazas á difusión da maqueta o grupo pode actuar con maior frecuencia e en lugares cunha maior afluencia, de modo que acaba xurdindo o seu primeiro contrato discográfico coa compañía BOA, e en 1996 é lanzado o primeiro álbum oficial do grupo: Arzobispofobia. Este traballo, que inclúe algúns temas da maqueta, aínda que a maior parte da súa repertorio consiste en cancións novas, é producido conxuntamente polo grupo e Daniel Sánchez.

En 1997, e ante as boas vendas de Arzobispofobia, Mamá Ladilla é fichado por unha axencia de management e leva a cabo un concerto na sala KTdral en Madrid, con capacidade para unhas mil persoas; mediante unha pegada masiva de carteis intenta encher a sala, e finalmente a actuación resulta un éxito, excedéndose a capacidade de público máxima do lugar. De modo que, ao cumprirse todas as expectativas, o grupo asina un novo contrato discográfico coa multinacional RCA, que para empezar remasteriza e volve lanzar Arzobispofobia.

O segundo, terceiro e cuarto disco

[editar | editar a fonte]

Con RCA Mamá Ladilla grava en 1998 o seu segundo álbum, Naces, creces, te jodes y mueres, que extrae o seu título do dunha das cancións da maqueta. Esta gravación realízase con todo luxo, e da produción encárganse Tony López e Marisa Martín; de modo que o disco resulta finalmente un bo traballo. Algo antes da publicación do álbum o grupo comeza unha xira a nivel nacional, con máis de sesenta concertos e actuacións nos principais festivais musicais do país, que se prolonga durante dous anos.

Con todo, as expectativas creadas para o grupo non se cumpren: os concertos non presentan tanto público como o esperado e as vendas do segundo disco están por baixo das que se cría que terían. Así pois, o grupo abandona amistosamente a multinacional e ficha por unha independente, Bliss Records; volven contratar os concertos eles mesmos, e realizan as súas actuacións en locais máis pequenos. Ao cabo de ao redor dun ano, Mamá Ladilla volve ser un grupo como o das súas orixes, cun maior contacto co seu público.

No ano 1999 a banda grava en Producciones Peligrosas, un estudo de gravación de Peligros (Granada), o seu terceiro disco, Requesound, lanzado por Bliss Records. Esta gravación realízase practicamente en directo, sen mesturar apenas tomas, o que deriva nunha frescura maior que a doutros traballos; a produción é levada de novo a cabo polo propio grupo xunto con alguén máis, neste caso o técnico de son, Jass.

Para Power de mí, o cuarto traballo da banda, publicado en 2001, as directrices son máis ou menos as mesmas que para Requesound: o grupo grava con Bliss Records en Producciones Peligrosas, e da produción encárganse de novo Jass e Mamá Ladilla. Por esta época o grupo abre a primeira versión da súa páxina web oficial, [1], e realiza unha xira, a do ano 2001 á que chaman “Borriquito como tour”.

O quinto disco, a reedición da maqueta e o sexto disco

[editar | editar a fonte]

Analfabada é o quinto álbum de Mamá Ladilla, gravado tamén en Producciones Peligrosas pero nesta ocasión cambiando de compañía discográfica; esta vez gravan con BKT, e o novo disco aparece no ano 2002. A xira que acompaña ao álbum é chamada "Abuelito dime tour" e, malia presentar os concertos bastante separados no tempo, resulta unha xira bastante extensa.

Ao cumprirse o décimo aniversario do grupo no ano 2004, Mamá Ladilla decide celebralo volvendo lanzar a principios deste ano a maqueta coa que se deron a coñecer, remasterizada especialmente para a ocasión e incorporando un libreto con anécdotas e as letras das cancións e varios bonus tracks extraídos de diversas actuacións en vivo ou gravacións inéditas. O disco vólvese a titular como Directamente de la basura: Diez años macerando. Tamén neste ano o grupo lanza só en Internet, para descarga gratuíta, un disco titulado Brown Album, que contén versións doutros artistas coas letras cambiadas, e Brown Single, seguindo o mesmo formulación pero incluíndo só dous temas.

En maio de 2005 aparece o sexto álbum do grupo, Autorretrete, co que volven a BOA, a compañía coa que gravaron o primeiro disco, Arzobispofobia. Esta vez gravado nos estudos Korsakov, en Madrid, e producido agora só por Mamá Ladilla, representa uns dos traballos da banda máis celebrados polos fans; ademais, Juan Abarca funda o grupo paralelo Engendro, co que fará versións similares ás de Brown Album e Brown Single. A xira que acompaña ao novo disco e que se presenta como a do ano 2005 é chamada nesta ocasión "Autorretretour".

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]