Maltese Falcon Society

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Maltese Falcon Society é unha organización para admiradores de Dashiell Hammett, a súa novela The Maltese Falcon, libros de misterio e escritores en xeral. Fundada en San Francisco en 1981, a organización xa non está activo nos Estados Unidos mais no Xapón permance activa dende 1982. A póla xaponesa da sociedade presenta o Premio Falcon, a honra máis alta do Xapón no eido de misterio, para honrar as mellores novelas de misterio publicadas no Xapón.

Orixes[editar | editar a fonte]

A Maltese Falcon Society foi fundada en San Francisco o 20 de maio de 1981[1] por historiadores literarios, o biógrafo Don Herron[2] e o investigador privado Jayson Wechter.[3] A primeira reunión da sociedade celebrouse en "John's Grill",[4] o restaurante onde comía Dashiell Hammett e que aparece en The Maltese Falcon. Os voceiros na primeira reunión foron David Fechheimer, un investigador de Hammett, e E. Hoffmann Price, un autor de ficción pulp.[5]

A sociedade estabeleceu sedes en Nova York[6] e no Xapón.[1] No ano 1982, a sociedade tiña 110 membros en San Francisco, 55 no Xapón e 50 en Nova York.[7] Como lema oficial, a sociedade adoptou o usado por Sam Spade no capítulo 2 de The Maltese Falcon: "Success to crime."[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "donherron.com/falcon_flyer". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2008. Consultado o 18 de novembro de 2008. 
  2. "Shadowing Sam Spade". The New York Times. 25 de outubro de 1981. Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  3. "The society that detects the mystique of mysteries" by Bethany Korwin-Pawlowska, Oakland Tribune, October 23, 1981, pp. C-1, C-5
  4. "Maltese Falcon Society: Mystery lovers in spades", by Mike Hudson, Oakland Tribune, May 26, 1981, p. C-4
  5. The Dashiell Hammett Tour: Thirtieth Anniversary Guidebook. By Don Herron. San Francisco: Vince Emery Productions, 2009. Páxina 199.
  6. Herbert Mitgang (25 de xuño de 1981). "In footsteps of 'Thin Man'". The New York Times. Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  7. "Ryan's Dope" by William H. Ryan, San Francisco Appeal to Reason, v. 1 n. 4, 1982, p. 10