Maite Arqué

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maite Arqué
Maite Arqué.JPG
Nome completoMaite Arqué i Ferrer
Nacemento1943
 Badalona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Teresa Arqué Ferrer, nada en Badalona en 1943, é unha política española. Foi alcaldesa de Badalona entre 1999 e 2008.

Biografía[editar | editar a fonte]

Maite Arqué é militante do Partit dels Socialistes de Catalunya dende os seus inicios. Participou no movemento asociativo Asociacións de Veciños e Asociacións de Pais e Nais de Alumnos. Foi rexedora no concello badalonés durante vinte anos, dende 1979 a 1999, ano no que resultou investida alcaldesa da súa cidade natal. Exerceu o cargo ata 2009, ano no que cedeu o seu posto ao seu compañeiro socialista Jordi Serra para ser designada senadora por Barcelona pola Entesa Catalana de Progrés. Arqué tamén foi deputada e presidenta de comisión na Deputación Provincial de Barcelona entre 1982 e 1999, presidenta do Consello Comarcal do Barcelonès (1999-2003) e presidenta da Entitat Metropolitana del Transport (2003-2007).

En outubro de 2013, despois dun tempo afastada da primeira liña política, fíxose oficial que Arqué presidirá o Pacte local pel dret a decidir en Badalona.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Joan Blanch i Rodríguez
Escudo de Badalona
Alcaldesa de Badalona

1999-2008
Sucesor:
Jordi Serra i Isern