Magne Myrmo
| Biografía | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (no) Magne Gunnbjørn Myrmo 30 de xullo de 1943 Rennebu | ||||||||||||||||
| Morte | 19 de novembro de 2025 Bærum hospital | ||||||||||||||||
| Causa da morte | parada cardiorrespiratoria | ||||||||||||||||
| Altura | 1,77 m | ||||||||||||||||
| Peso | 76 | ||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||
| Ocupación | esquiador de fondo, cross-country skiing coach (en) | ||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Noruega | ||||||||||||||||
| Deporte | esquí de fondo | ||||||||||||||||
| Liga | Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 e Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||
| 1978 | FIS Nordic World Ski Championships 1978 (en) | ||||||||||||||||
| 1974 | FIS Nordic World Ski Championships 1974 (en) | ||||||||||||||||
| 1970 | FIS Nordic World Ski Championships 1970 (en) |
||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Magne Gunnbjørn Myrmo, nado en Rennebu o 30 de xullo de 1943 e finado o 19 de novembro de 2025,[1] foi un esquiador de fondo noruegués.
Myrno gañou o Festival de Esquí de Holmenkollen dúas veces en 15 km (1970 e 1972) e unha vez en 50 km (1974), recibiu a medalla Holmenkollen en 1972, compartida con Rauno Miettinen. Nas Olimpiadas de Inverno de 1972 levou unha medalla de prata nos 50 km.
Entre 1973 e 1974 produciuse unha revolución no equipamento do esquí de fondo ó quedaren substituídos os esquís de madeira pola fibra de vidro pero o equipo noruegués competiu nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1974 en Falun cos tradicionais esquís de madeira; aínda así Myrmo conseguiu a medalla de ouro en 15 km ó superar por menos dun segundo o alemán oriental Gerhard Grimmer que competía cos novos esquís de fibra de vidro. Myrmo foi o último campión do mundo en usar esquís de madeira. Neses campionatos tamén conseguiu a medalla de bronce en relevos 4×10 km.
Notas
[editar | editar a fonte]- Nados no condado de Sør-Trøndelag
- Nados en 1943
- Finados en 2025
- Esquiadores de fondo olímpicos de Noruega
- Medallistas olímpicos de prata por Noruega
- Medallistas olímpicos en esquí de fondo
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972
- Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972
- Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1976