Magazine Fort
Magazine Fort | |
---|---|
Vista sueste de Magazine Fort | |
Coordenadas | 53°20′55″N 6°18′59″O / 53.3486, -6.3163 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Magazine Fort (en irlandés Dún na hArmlainne) é un edificio construído por orde do primeiro duque de Dorset en 1734[1] en Phoenix Park de Dublín e que tanto o goberno británico como o Estado Libre destinaron a arsenal e fortaleza. Para construílo derrubouse antes a residencia de sir Edward Fisher que databa de 1611. En 1801 aumentouse o complexo coa construción dunha á destinada a albergar as tropas. Durante o período británico o edificio víase como un símbolo do poder británico en Irlanda.
Alzamento de Pascua
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Alzamento de Pascua.
Ao mediodía do 24 de abril de 1916 un pequeno grupo de membros dos Voluntarios irlandeses e do Sinn Féin atacaron Fort Magazine que o exército británico utilizaba como arsenal e conseguiron desarmar os gardas, co propósito de apropiarse das armas e dar o sinal do comezo da sublevación. Colocaron explosivos que fixeron estoupar pero a explosión foi tan pequena que non se oíu na cidade nin puideron obter as armas [2]
Incursión de Nadal
[editar | editar a fonte]O 23 de decembro de 1939 tras a aprobación da lei de Poderes de Emerxencia polo parlamento irlandés un comando do IRA atacou o edificio facéndose con gran cantidade de armas e munición, non obstante nos días seguintes detivéronse a dous dos participantes e recuperouse moito do material roubado.
- ↑ "Phoenix Park". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2010. Consultado o 26 de abril de 2015.
- ↑ Caulfield, Max The Easter Rebellion, Dublin 1916 Gill & MacMilla, 1995 ISBN 1-57098-042-X, p. 48_50