Maestro Reverendo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 Madrid, España |
Morte | 7 de setembro de 2012 (56/57 anos) |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Período de actividade | 2003 - |
Xénero artístico | Rock and roll |
Instrumento | Piano |
Familia | |
Pai | Adolfo Muñoz Alonso |
Maestro Reverendo, nome artístico de Ángel Muñoz-Alonso, nado en Madrid en 1955 e finado na mesma cidade o 7 de setembro de 2012, foi un músico e compositor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou a toca-lo piano na escola madrileña dos Escolapios e gañou a nomeada de Reverendo cando traballou como organista na igrexa de Santo Antón. Iniciou a súa carreira no rock nos anos 70 co grupo Desmadre 75, que obtivo un grande éxito en 1975 coa súa canción "Saca el güiski, cheli"; máis tarde, co grupo Paracelso, gañou en 1978 e 1979 as dúas primeiras edicións dos Premios Rock Villa de Madrid.[1] Durante a década dos 80 foi colaborador de bandas como Siniestro Total ou Los Ronaldos e tocou tamén con Miguel Ríos.
Foi compositor de temas e bandas sonoras en galego para a Televisión de Galicia, sendo o máis popular o tema "Carmiña Vacaloura", que compuxo para o Xabarín Club.[2] A súa traxectoria artística estivo ligada desde finais dos anos 70 ó Gran Wyoming, incluíndo a súa etapa no programa de televisión Caiga quien caiga.[3] Retirouse en 2003 trala súa etapa en televisión.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Ángel Muñoz Alonso, ‘Reverendo’ de la música". El País. 8 de setembro de 2012. Consultado o 7 de setembro de 2012.
- ↑ "Muere el Maestro Reverendo, músico conocido por acompañar durante años al Gran Wyoming". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2021.
- ↑ "Fallece El Maestro Reverendo, pianista de El Gran Wyoming durante más de veinte años". www.europapress.es. 2012-09-07. Consultado o 2022-11-22.
- ↑ "Fallece Ángel Muñoz-Alonso, el Maestro Reverendo". Tanaka Music. 7 de setembro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2012.