Maestro Reverendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maestro Reverendo
Nacemento1955
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento7 de setembro de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncompositor
PaiAdolfo Muñoz Alonso
Na rede
IMDB: nm0616311 Musicbrainz: b67caf23-b8dd-47ad-8a92-b196e78a193d Discogs: 547145 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Maestro Reverendo, nome artístico de Ángel Muñoz-Alonso, nado en Madrid en 1955 e finado na mesma cidade o 7 de setembro de 2012, foi un músico e compositor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a toca-lo piano na escola madrileña dos Escolapios e gañou a nomeada de Reverendo cando traballou como organista na igrexa de Santo Antón. Iniciou a súa carreira no rock nos anos 70 co grupo Desmadre 75, que obtivo un grande éxito en 1975 coa súa canción "Saca el güiski, cheli"; máis tarde, co grupo Paracelso, gañou en 1978 e 1979 as dúas primeiras edicións dos Premios Rock Villa de Madrid.[1] Durante a década dos 80 foi colaborador de bandas como Siniestro Total ou Los Ronaldos e tocou tamén con Miguel Ríos.

Foi compositor de temas e bandas sonoras en galego para a Televisión de Galicia, sendo o máis popular o tema "Carmiña Vacaloura", que compuxo para o Xabarín Club.[2] A súa traxectoria artística estivo ligada desde finais dos anos 70 ó Gran Wyoming, incluíndo a súa etapa no programa de televisión Caiga quien caiga.[3] Retirouse en 2003 trala súa etapa en televisión.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere Ángel Muñoz Alonso, ‘Reverendo’ de la música". El País. 8 de setembro de 2012. Consultado o 7 de setembro de 2012. 
  2. "Muere el Maestro Reverendo, músico conocido por acompañar durante años al Gran Wyoming". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  3. "Fallece El Maestro Reverendo, pianista de El Gran Wyoming durante más de veinte años". www.europapress.es. 2012-09-07. Consultado o 2022-11-22. 
  4. "Fallece Ángel Muñoz-Alonso, el Maestro Reverendo". Tanaka Music. 7 de setembro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2012.