MEO (servizo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
MEO
Meo logo pt.png
Portugal Telecom Lisboa.jpg
Sede de Portugal Telecom en Lisboa.
TipoSociedade Anónima
Fundación22 de marzo de 1991
LocalizaciónLisboa, Portugal Portugal
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosTelefonía móbil, servizos de internet
Páxina webmeo.pt

A MEO, anteriormente denominada como PT Comunicações e TMN,[1] é unha empresa portuguesa de comunicacións fixas, móbiles, internet e xestión de portais de internet, fundada o 18 de setembro de 2000 polo grupo Portugal Telecom, responsábel da xestión e da marca comercial Meo, da xestión de portais de internet, como o portal SAPO, e da xestión comercial da marca PT Empresas, para o segmento de PEME, grandes empresas e gobernamental.

En novembro de 2011, MEO alcanzou un millón de suscriptores.[2] E en xaneiro de 2014, a marca MEO subtituiu a TMN, na operación de servizos móbiles.

Historia[editar | editar a fonte]

Logotipo antigo da marca MEO en televisión, internet e teléfono.

A MEO ten os seus comenzos previamente coa empresa Telecomunicações Móveis Nacionais (TMN), constituída o 22 marzo de 1991 como un operador de comunicacións móbiles do grupo Portugal Telecom.

Foi a primeira empresa do mercado portugués en contar cunha rede analoxica e, máis tarde, cunha rede dixital GSM. O 21 de abril de 2004 instala as primeiras redes de terceira xeración de móbiles coa tecnoloxía UMTS. Tamén conta cunha licenza para a prestación do servizo fixo de teléfono por acceso indirecto (que utiliza as redes da PT Comunicações e o prefixo 1096), que é actualmente comercializado como Fix Empresas.[3]

O seu número de clientes leva crecendo velozmente a partir do ano 1997 e conta na actualidade con máis de 5,7 millóns de clientes no segmento móbil, polo que é unha das maiores neste segmento. [Cómpre referencia]

Debido ao aumento gradual do número de clientes, dispón hoxe en día de varias numeracións de teléfono cos prefixos 96 e 92.

Esta empresa foi a primeira operadora do mundo a introducir o concepto de tarxetas prepagamento, é dicir, pagar as comunicacións antes de que estas se fagan.[Cómpre referencia] O saldo vaise esgotando á medida en que as comunicacións se van facendo (voz, SMS, MMS, UMTS, etc.).

En xaneiro de 2014 anunciouse nos xornais que a Portugal Telecom acabaría coa marca TMN. A operadora substituíu a marca móbil pola marca de televisión, internet e teléfono MEO [4].A TMN cambiou a súa denominación social a MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia, S.A.

Así a nova MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia pasa a ser a nova marca comercial e servizos MEO.[Cómpre referencia]

En xaneiro de 2015, a PT Portugal une a PT Comunicações coa MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia.[Cómpre referencia]

MEO (TMN) foi un dos dous primeiros operadores portugueses, xunto con Optimus, en lanzar a rede de telecomunicacións de internet rápido 4G en Portugal, tendo así a mellor rede 4G en todo o Portugal.[Cómpre referencia]

UZO[editar | editar a fonte]

Portugal Telecom creou UZO, un operador móbil virtual en busca da simplicidade, que opera baixo a rede da compañía. Investiron máis de 5 millóns de euros no seu lanzamento. Ofrece tarifas máis competitivas ás compañías convencionais portuguesas (incluídas as tarifas da propia MEO), pero as mesmas compañías con rede propia, NOS e Vodafone Portugal, contan á súa vez con OMV propias.[Cómpre referencia]

Moche[editar | editar a fonte]

Portugal Telecom creou outra OMV chamada Moche, unha operadora móbil virtual para a xente nova, que opera baixo a rede da compañía.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MEO- sitio web oficial da MEO.
  • Uzo- sitio web oficial da Uzo.