Máscaras africanas
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2019) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
As máscaras africanas desempeñan un papel importante nas cerimonias tradicionais e danzas de teatro. Todas as máscaras africanas caen nunha de catro categorías: espíritos do antepasado, heroes mitolóxicos, a combinación do antepasado e o heroe, e os espíritos animais.
A máscaras en África son de gran importancia nas cerimonias de países dese continente (como tamén nalgúns de Asia, incluíndo Camboxa e Laos), especialmente durante as cerimonias funerarias. A palabra designa tanto á persoa que a porta como á máscara mesma.
A máscara é un obxecto de madeira tallada. Hai un bailarín, un traxe, un "espírito" ou un "xenio" que o habita. Trátase dun "ser sacro", un instrumento da harmonía social. Na sociedade tradicional, a máscara é unha institución relixiosa, política e social. É o mediador entre Deus e os antepasados dos homes. Intervén nas decisións políticas, acompaña a sementa e a colleita, castiga aos culpables, garante a continuidade dos coñecementos, recibe ao neno ao nacer, permítelle converterse en adulto, tráeo ao mundo da sabedoría e acompáñao na súa morte.
Na época colonial, as máscaras eran destruídas polos "misioneiros" que vían nelas unha competencia relixiosa perigosa.
Do mesmo xeito que a maioría de países de África, Costa do Marfil nunca autorizou a exportación de máscaras "auténticas". Por outra banda, unha resolución adoptada por Unesco prohibía desde principios dos anos 1990 quitar as máscaras e estatuas de África.
Para as culturas africanas, en termos xerais, a función sempre é preferible á forma, a beleza non é desexable en si mesma. O que os coleccionistas "do norte" chaman "a arte africana" en realidade refírese aos obxectos ordinarios ou culturais, profanados ou non utilizados hoxe en día, que se mostran ou se venden para colección.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Máscara Senoufo, Costa do Marfil.
-
Máscara Gouro, Costa do Marfil.
-
Máscara Beté, Costa do Marfil.
-
Máscara africana de madeira
-
Máscara de cultura Isoko, Nigeria.
-
Máscara do pobo Marka-Dafing, Burkina Faso. Mediados do século XX. Colección do Cincinnati Art Museum
-
Máscara de rostro de antílope. Cultura Dogon, Mali. Mediados do século XX. Colección do Cincinnati Art Museum
-
Máscara-casco Mulwalwa, República Democrática do Congo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Máscaras africanas |