Luis de Alcalá
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1490 (Gregoriano) |
Morte | 1549 (Gregoriano) (58/59 anos) |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Luis de Alcalá (¿1490?-1549), foi un téologo franciscano español do século XVI, famoso polo seu estudo da economía.
Biografía
[editar | editar a fonte]Discípulo de Juan de Medina, exerceu de Catedrático na Universidade Complutense de Madrid, onde probablemente cursou os seus estudos.
En 1543 publicou o seu "Tratado en que a la clara se ponen y determinan las materias de los préstamos que se usan entre los que tractan y negocian". Tres anos máis tarde afondou na materia publicando unha expansión e enmenda da súa obra baixo o título "Tractado de los prestamos que passan entre mercaderes y tractantes y por consiguiente de los logros cambios compras adelantadas y ventas al fiado", a cal foi impresa en Toledo en 1546.
En liña cos seus contemporáneos da Escola de Salamanca, Alcalá realizou, antes mesmo que Martín de Azpilcueta ou Tomás de Mercado, reflexións sobre a licitude moral dos préstamos con interese, os prezos, o valor do diñeiro e o desenvolvemento económico.
Frei Luis de Alcalá contribuiu á lexicografía económica española ao dotala con definicións e explicacións dos principais termos económicos do momento.