Luis Solano
Luis Solano | |
---|---|
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luis Solano Novo[1], nado en Santiago de Compostela en 1972, é un editor galego en lingua castelá[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Dereito e fixo un mestrado en Administración e Dirección de Empresas. Traballou como consultor e foi directivo no Grupo Planeta.
En 2004 fundou Libros del Asteroide, editorial que en 2008 recibiu o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural.
Tradución (do galego ao castelán)[editar | editar a fonte]
- Cosas (orixinal: Cousas), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, en tándem con Domingo Villar (Libros del Asteoride, 2021)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Luis Solano Novo Arquivado 15 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. en Vigoempresa.com (en castelán).
- ↑ Ficha en Liburutekia (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista en El Mundo, 6 de setembro de 2019 (en castelán).
- Luis Solano: “Libros del Asteroide publica, sobre todo, buena literatura”, Babelia, El País, 3 de xullo de 2017 (en castelán).