Lucifer (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucifer, é unha serie de televisión que se emitiu entre o 25 de xaneiro do 2016, a estrea foi en Fox,[1] e o 10 de setembro de 2020, xa en Netflix.

A serie é unha adaptación libre do cómic Lucifer que é á súa vez un spin-off do cómic The Sandman creado por Neil Gaiman e escrito por Mike Carey, ambos publicados por DC Cómics' Vertigo.[2] A serie tivo seis tempadas e contou con 93 episodios.


Sinopse[editar | editar a fonte]

Aburrido da súa vida como "Señor do Inferno", abandona o seu trono e o seu reino para irse aos Ánxeles, onde coñece á detective de homicidios Chloe Decker, con quen comeza a colaborar para atrapar e castigar aos criminais.

Elenco de actores[editar | editar a fonte]

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Actor Personaxe Ocupación Episodios Duración
Tom Ellis Lucifer Morningstar Dono do club nocturno "Lux" e Señor do Inferno 13 2016 - presente[3][4]
Lauren German Chloe Decker Detective de Homicidios 13 2016 - presente[5][6]
D.B. Woodside Amenadiel Anxo 13 2016 - presente[7]
Lesley-Ann Brandt Mazikeen "Maze" Demo e Barman do club "Lux" 13 2016 - presente[8]
Kevin Alejandro Dan Espinoza Detective de Homicidios 13 2016 - presente[9]
Rachael Harris Linda Martin Terapeuta 13 2016 - presente
Kevin Rankin Malcolm Graham Detective 5 2016 - presente[10]

Próximos personaxes[editar | editar a fonte]

Actor Personaxe Data de Aparición
Tricia Helfer Charlotte 2017[11]
Aimee Garcia Ela Lopez 2017[12]

Anteriores personaxes recorrentes[editar | editar a fonte]

Actor Personaxe Ocupación Episodios Duración Estado
Colman Domingo Frank Lawrence Pai 1 2016 Morto
AnnaLynne McCord Delilah Cantante 1 2016 Morta

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Premio Nomeado (a) Resultado
2016 Choice TV: Breakout Star Teen Choice Award Tom Ellis pendente
2016 Choice TV: Breakout Show Teen Choice Award Lucifer pendente

Produción[editar | editar a fonte]

A serie foi desenvolvida por Tom Kapinos, escollida o 9 de maio do 2015 para as series do trinque do 2015–2016, a serie puxo ao aire o seu primeiro capítulo o 25 de xaneiro do 2016.[13][14]

A serie conta co director Len Wiseman, o produtor Nathan Hope e os produtores executivos Joe Henderson, Tom Kapinos, Len Wiseman, Jerry Bruckheimer, Jonathan Littman e Ildy Modrovich.

O elenco tivo varios cambios, orixinalmente o actor Nicholas Gonzalez interpretou a Dan no episodio piloto, con todo este foi cambiado polo actor Kevin Alejandro.[15] Mentres que a actriz Lina Esco interpretaría a Maze, con todo o papel finalmente foille dado á actriz Lesley-Ann Brandt.[16][17]

Notas[editar | editar a fonte]