Luís Gil de Vicario
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1898 Burgos, España |
Morte | 8 de xullo de 1959 (60 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | debuxante , ilustrador , xornalista , crítico de arte , mestre , pintor , catedrático , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Luís Gil de Vicario, nado en Burgos o 20 de outubro de 1898 e finado en Barcelona o 8 de xullo de 1959, foi un pintor, profesor e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Compaxinou os estudos de bacharelato con estudos de pintura e debuxo na Academia del Real Consulado de Burgos. Estudou Filosofía e letras na Universidade Literaria de Murcia. Foi profesor de debuxo no Colexio “La Purísima", asociado ao Instituto de Cartaxena (1922-1925) e auxiliar interino no Instituto de Osuna (Sevilla) en 1927. En 1928 foi nomeado catedrático de debuxo no Instituto de Vigo,[1] permancendo neste posto até 1934. Foi fundador e presidente da agrupación local viguesa de Acción Republicana. En 1933 obtivo unha pensión da Junta de Ampliación de Estudios para estudar a técnica e os procedementos da ensinanza do debuxo en Alemaña e Austria. Finalmente só estivo nove meses en Austria. En 1934 obtivo a cátedra de debuxo no Instituto Balmes de Barcelona. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Vigo de vacacións. Permaneceu na cidade e foi destinado ao instituto de Monforte de Lemos. En 1937 abríronlle expediente de depuración e como resultado foi suspendido durante un ano; afiliouse aos requetés. En 1938 fou destinado ao Instituto José Zorrilla de Valladolid, e en 1939 reincorporouse ao Instituto Balmes. A partir de 1941 foi catedrático de Pedagoxía do debuxo na Escola Superior de Belas Artes de San Jorge, da que tamén foi secretario. En 1944 obtivo a cátedra de nova creación de Pedagoxía do debuxo na Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona.
Como artista participou na Exposición Internacional de Venecia, a Exposición Internacional de Barcelona e o Salón de Otoño de Madrid. Foi recoñecido como debuxante e ilustrador de revistas e novelas, e tamén exerceu como crítico de arte. Colaborou en La Verdad de Murcia, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, e nas revistas Blanco y Negro, La Esfera, Nuevo Mundo, e Gaceta de las Bellas Artes.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Aos vinte anos obtivo o premio único da Exposición Nacional de Pintura pola súa obra “Caput Castellae”. Foi galardoado nas exposicións de Monza, Venecia, París, Nova York, Madrid e Sevilla.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego3-10-1928, p. 6,
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Gil de Vicario, Luis Arquivado 08 de setembro de 2020 en Wayback Machine.