Saltar ao contido

Loveless

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Loveless
Álbum de My Bloody Valentine
Publicado4 de novembro de 1991
Gravación1989 - 1991
Duración48:36
Xénero(s)shoegazing
Selo(s)Creation Records
ProdutorKevin Shields, Colm Ó Cíosóig
Cronoloxía
Glider Loveless EP's 1988–1991
Na rede
Spotify: 0Nm5h20xUZB56nA7U2p6eN Last fm: My+Bloody+Valentine/Loveless Discogs: 5948 Allmusic: mw0000272104 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Loveless é o segundo álbum da banda de rock alternativo My Bloody Valentine, editado o 4 de novembro de 1991 a través do selo Creation Records. Loveless foi gravado durante un período de dous anos, entre 1989 e 1991, en 19 estudios de gravación. O vocalista e guitarrista Kevin Shields dominou o proceso de gravación e tratou de lograr un son particular para o disco, facendo uso de varias técnicas. Un gran número de técnicos de son foron contratados e despedidos durante o proceso de gravación, aínda que a banda finalmente acreditou no libreto a todos os que estiveron presente nas gravacións, "incluso se unicamente foron facer té", segundo Shields.

A relación de My Bloody Valentine con Creation Records deteriorouse durante todo ese tempo, e a banda foi retirada da discográfica despois da súa edición debido ao difícil e caro que era traballar con Shields. Loveless non foi un grande éxito comercial, pero foi moi ben recibido pola crítica, sendo considerado na actualidade un hito no shoegazing. O disco foi citado por moitos artistas como unha importante influencia e para moitos críticos trátase dun dos mellores álbums dos anos 90.

En novembro do 2003 a publicación Pitchfork Media elixiuno o segundo mellor álbum da década na súa lista dos 100 mellores discos dos 90[1], e no mes de outubro de 2016 elixiuno mellor álbum de shoegaze de todos os tempos.[2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Kevin Shields, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Only Shallow"  Bilinda Butcher, Shields 4:17
2. "Loomer"  Butcher, Shields 2:38
3. "Touched"  Colm Ó Cíosóig 0:56
4. "To Here Knows When"  Butcher, Shields 5:31
5. "When You Sleep"    4:11
6. "I Only Said"    5:34
7. "Come In Alone"    3:58
8. "Sometimes"    5:19
9. "Blown a Wish"  Butcher, Shields 3:36
10. "What You Want"    5:33
11. "Soon"    6:58
  1. "Pitchfork Media - Top 100 Albums of the 1990s". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  2. Pitchfork (ed.). "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time". Consultado o 24 de outubro de 2016.