Love and Other Drugs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Jake Gyllenhaal (Jamie Randall).
Anne Hathaway (Maggie Murdock).

Love and Other Drugs é unha comedia romántica de Edward Zwick producida no 2010. Ambientada en Nova York na década de 1990, esta está protagonizada por Jake Gyllenhaal e Anne Hathaway e producida pola 20th Century Fox, New Regency Pictures e Bedford Falls Productions.

Trama[editar | editar a fonte]

Jamie é un atractivo e novo vendedor de aparellos electrónicos que grazas ao seu irresistible encanto e confianza en si mesmo ten moito éxito entre as mulleres; ata tal punto que un día o seu xefe atópao coa súa muller no almacén da empresa na que traballaba e despídeo. Jamie precisa atopar outro traballo e comeza como comercial de produtos farmacéuticos, oficio grazas ao cal coñece por casualidade a unha muller que dende o primeiro momento lle chamou atención, Maggie Murdock,unha rapaza independente e totalmente distinta a todas as mulleres coas que Jamie adoitaba estar pero que a pesar da súa xuventude padecía unha enfermidade dexenerativa como é o párkinson. Unha atracción mutua condúceos a manter relacións sexuais durante un tempo pero logo comezan a xurdir sentimentos entre eles que desembocaran nunha relación seria.

Jamie en todo momento era coñecedor da enfermidade que sufría Maggie, pero cando esta comeza a empeorar de saúde, a relación que hai entre eles da un xiro dramático e ó final deciden deixalo. Jamie é contratado por unha enriquecida e famosa empresa en Chicago onde se volvería rico, o soño da súa vida; pero o día que ía mudarse a Chicago atopa por casualidade uns vídeos que gravaran el e Maggie, recapacita e vaina buscar para dicirlle que a quere. Finalmente comezan de novo a saír a pesar da enfermidade de Maggie.

Elenco[editar | editar a fonte]