Lost (tempada 5)
Quinta temporada de Lost | |
---|---|
Tempada de Lost (serie de televisión) | |
Orixe | Estados Unidos |
Nº de episodios | 17 |
Emisión | |
Canle orixinal | ABC |
Emisión orixinal | 21 de xaneiro de 2009 - 13 de maio de 2009 |
Cronoloxía |
A quinta tempada da serie de televisión estadounidense Lost comezou a transmitirse nos Estados Unidos e Canadá o 21 de xaneiro de 2009, concluíndo o 13 de maio de 2009 tras 17 episodios. Esta tempada segue as historias do grupo de sobreviventes que foron abandonados nunha illa remota no Pacífico Sur. No universo de Perdidos, a tempada ten lugar máis de noventa días despois do accidente. Os produtores declararon que o tema principal desta temporada é porque a xente que deixou a illa precisa retornar a ela.
A tempada estaba previsto nun principio que contivese dezaseis episodios, mais finalmente contou cun capítulo máis, chegando aos definitivos dezasete. O DVD e Blue Ray sairán á venda nos Estados Unidos o 8 de decembro de 2009 co título de Lost - The Complete Fifth Season: The Journey Back, Expanded Edition.
Resumo da tempada
[editar | editar a fonte]Pódese dividir a temporada en dúas partes diferenciadas, a primeira trata dos feitos de como os seis de oceanic (Jack, Kate, Sayid, Hurley, Sun e Aaron) son convencidos (ou obrigados) a volver á illa. Todo isto mesturado co desenvolvemento das aventuras dos que quedaron na illa, que finalmente tralos saltos temporais acaban facendo unha nova e acomodada vida como membros da Iniciativa Dharma en 1977.
Unha vez que cinco dos seis de Oceanic (Aaron non viaxará á illa de novo) volven á illa, catro deles, Jack, Kate, Sayid e Hurley) aparecen precisamente en 1977, xunto cos seus antigos amigos, mentres que Sun (que vai na procura de Jin, que se atopa no pasado) continua en 2008.
Logo disto pasamos a unha segunda parte diferenciada, onde os novos chegados a 1977 tratan de convencer aos acomodados nese época para volver ao presente (por medio dun método que non parece moi fiable e que lles pode custar a vida), mentres que Sun, un resucitado Locke, Benjamin Linus e os Outros saen á procura de Jacob segundo semella para matalo.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Protagonistas:
- Matthew Fox é Jack Shephard
- Jorge Garcia é Hugo "Hurley" Reyes
- Naveen Andrews é Sayid Jarrah
- Evangeline Lilly é Kate Austen
- Yunjin Kim é Sun Kwon
- Henry Ian Cusick é Desmond Hume
- Michael Emerson é Benjamin Linus
- Terry O'Quinn é John Locke
- Josh Holloway é James "Sawyer" Ford
- Elizabeth Mitchell é Juliet Burke
- Jeremy Davies é Daniel Faraday
- Ken Leung é Miles Straume
- Rebecca Mader é Charlotte Lewis
- Daniel Dae Kim é Jin Kwon
- Personaxes recorrentes:
- Nestor Carbonell é Richard Alpert
- L. Scott Caldwell é Rose Henderson
- Sam Anderson é Bernard Nadler
- Sean Whalen é Neil Frogurt
- Malcolm David Kelley é Walt Lloyd
- Jeff Fahey é Frank Lapidus
- Saïd Taghmaoui é Caesar
- Zuleikha Robinson é Ilana
- John Terry é Christian Shephard
- Sonya Walger é Penelope Widmore
- Alan Dale é Charles Widmore
- Lance Reddick é Matthew Abaddon
- Tom Irwin é Dan Norton
- Fionnula Flanagan é Eloise Hawking
- François Chau é Pierre Chang
- Doug Hutchison é Horace Goodspeed
- Eric Lange é Stuart Radzinsky
- Reiko Aylesworth é Amy
- Patrick Fischler é Phil
- Melissa Farman é Danielle Rousseau de moza
- Sterling Beaumon é Benjamin Linus de mozo
- Mark Pellegrino é Jacob
- Actuacións especiais:
Lista de episodios
[editar | editar a fonte]# | Título | Director/es | Personaxe/s central/is | Data de emisión | Código |
---|---|---|---|---|---|
87 | "Because You Left" Porque vos fostes | Stephen Williams | Varios | 21 de xaneiro de 2009 | 501 |
Jack e Ben comezan a buscar aos Seis de Oceanic co fin do reunilos e regresar á illa. Mentres tanto, Sayid saca a Hurley do psiquiátrico e tratan de ocultarse, pero pronto son atacados e o iraquí cae durmido por un dardo. Os sobreviventes que quedaron na illa comezan a dar saltos no tempo despois de que Ben movésea. | |||||
88 | "The Lie" A mentira | Jack Bender | Hurley | 21 de xaneiro de 2009 | 502 |
Hurley leva ao inconsciente Sayid á súa casa tratando de fuxir da policía, que lles perseguía despois de matar os seus atacantes no piso de seguridade. Mentres tanto, Kate e Aaron continúan a súa fuxida dos avogados e visitan a Sun. Os sobreviventes da illa son atacados por forzas descoñecidas. | |||||
89 | "Jughead" Jughead | Rod Holcomb | Desmond | 28 de xaneiro de 2009 | 503 |
Tras lembrar que Daniel Faraday dixéralle na illa que buscase á súa nai, Desmond vai á Universidade de Oxford para atopala. No seu antigo laboratorio, Desmond atopa unha foto de Faraday cunha muller nova e decide visitala co fin de atopar respostas; no entanto, ela está en coma e a súa irmá infórmalle a Desmond que o seu sogro, Charles Widmore, estaba a subvencionar a investigación de Faraday. En Industrias Widmore, Charles indícalle onde se atopa a nai de Faraday e aconséllalle que se manteña afastado do asunto. Mentres tanto, os sobreviventes que quedaron na illa descobren que están en 1954 e que os seus atacantes son "os Outros" daquela época, quen lles confundiron con soldados estadounidenses que viñan recuperar unha bomba de hidróxeno chamada Jughead. | |||||
90 | "The Little Prince" O principiño | Stephen Williams | Kate | 4 de febreiro de 2009 | 504 |
Kate tenta facer un trato co avogado que lle pediu mostras de sangue para confirmar o seu parentesco con Aaron e xunto a Jack perséguenlle até o domicilio do seu cliente. Este resulta ser a nai de Claire, pero finalmente descobren que compartía avogado con Ben, quen foi en realidade o que pediu as mostras de sangue. Os dramáticos cambios no tempo pon as vidas do resto de sobreviventes na illa en perigo. | |||||
91 | "This Place is Death" Este lar é morte | Paul Edwards | Sun Jin | 11 de febreiro de 2009 | 505 |
Sun segue a Ben para cumprir a súa vinganza e decátase que Jin non esta morto, Kate dáse conta dos plans de Ben para volver á illa e vaise con Aaron. Ben proponlle a Sun levala a un lugar onde pode entregarlle unha proba de vida do seu esposo. Jin viaxa de flash en flash (nun deses atópase con Danielle cando chego á illa embarazada) Finalmente atópase con Sawyer. Xunto co resto idean un plan para chegar a "a Orquídea". Charlote segue tendo ataques polos flashes e finalmente morre | |||||
92 | "316" 316 | Stephen Williams | Jack | 18 de febreiro de 2009 | 506 |
A forma de regresar á illa é revelada aos membros dos 6 de Oceanic, pero antes preséntanse problemas, xa que non todos desexan volver. Aínda que logo Kate decide deixar a Aaron e acompañar a Jack de regreso á illa, Hurley tamén aparece no aeroporto para dirixirse á illa, Sayid por sorpresa acompañado e esposado por unha policía aparece para subir ao mesmo avión que tódolos demais. Ben logo aparece subindo o avión. Outra sorpresa é que o avión é pilotado por Frank Lapidus(o piloto do helicóptero de rescate co que os 6 de Oceanic escaparon). Despois todos chegan á illa repentinamente durante o voo (sen explicación até o momento de se foi un accidente) e máis tarde vese como Jack, Kate e Hurley atópanse con Jin (que conduce un vehículo Dharma) na illa. | |||||
93 | "The Life and Death of Jeremy Bentham" Vida e morte de Jeremy Bentham | Jack Bender | Locke | 25 de febreiro de 2009 | 507 |
Locke, que sobrevive despois do accidente do voo 316 na illa, é interrogado polo resto de sobreviventes e atopa a Ben entre os feridos do accidente. No flashback, Locke é axudado por Charles Widmore e Matthew Abaddon para levar a cabo a misión de reunir aos 6 de Oceanic e devolvelos á illa. Finalmente Lock tenta suicidarse, aínda que é Ben o que ao final lle asasina. | |||||
94 | "LaFleur" LaFleur | Mark Goldman | Sawyer | 4 de marzo de 2009 | 508 |
Sawyer faise chamar Sr. LeFleur, están traballando para A Iniciativa Dharma e seguen esperando a que chegue John Locke. Amy unha muller de Dharma á cal antes salvaran a vida esta esperando un bebe e esta a piques de dar a luz, preséntanse problemas á hora do parto e Sawyer busca a Juliet que esta traballando de mecánica para que axude a Amy a ter á súa bebe, ela lógrao Amy ten un home, Sawyer celebra unha cea romantica con Juliet, bícanse e dinse que se aman, ao amencer Sawyer recibe unha chamada de Jin a cal o sorprende. | |||||
95 | "Namaste" Namaste | Jack Bender | Varios | 18 de marzo de 2009 | 509 |
Jin e Sawyer atópanse con Kate, Jack e Hurley, con todo non hai rexistros de que un avión estrelouse. Buscando a Sun, Jin atópase con Sayid, ao que encarceran. Doutra banda, Sun xunto con Frank atópanse con Cristian que lles mostra unha foto de 1977 na que están os seus amigos e dánse conta que eles están trinta anos no pasado. O momento de tomar a foto, o grupo di en coro "Namaste" que significa: "O espírito que habita no meu, saúda ao espírito que habita en ti". | |||||
96 | "He's Our You" El é o noso ti | Greg Yaitanes | Sayid | 25 de marzo de 2009 | 510 |
En 1977, Sayid non coopera con Sawyer, quen tivo que ser levado onde o torturador da Iniciativa (razón pola cal Sawyer dille "el é o noso Ti"), quen lle fornece oralmente un soro para que fale coa verdade. Os membros da Iniciativa Dharma deciden eliminar a Sayid, pero este é liberado por Ben (o adolescente) para que se unha aos Outros. | |||||
97 | "Whatever Happened, Happened" O que pasou, pasou | Bobby Roth | Kate | 1 de abril de 2009 | 511 |
Logo de que Sayid escapase, Ben é levado por Jin a Dharmaville para ser tratado da súa ferida de bala. A situación empeora cando Jack négase a axudar, e Sawyer e Kate fan algo contra as regras que podería salvar a vida do mozo Ben. En flashbacks, revélase onde deixou Kate a Aaron. | |||||
98 | "Dead is Dead" Morto significa morto | Stephen Williams | Ben | 8 de abril de 2009 | 512 |
Ben, Locke, e Sun viaxan ao Templo para que Ben sexa xulgado polo Monstro. Nos flashbacks, descubrimos as orixes da problemática relación entre Widmore e Ben e que pasou con Penny e Desmond antes de que Ben embarcase o Voo 316. | |||||
99 | "Some Like It Hoth" A algúns gustalles Hoth | Jack Bender | Miles | 15 de abril de 2009 | 513 |
Miles é encomendado na misión de transportar a unha persoa que morreu dunha estraña maneira até A Orquidea. No camiño, cóntalle a Hurley que descubriu que o seu pai é o Dr. Pierre Chang, o mesmo que aparecía nas cintas de orientación da Iniciativa Dharma. á noite do día seguinte, o Dr. Chang pídelle a Miles que o acompañe a recibir aos novos recrutas que chegaron á illa no submarino, un deses recrutas resulta ser Daniel Faraday, o físico. | |||||
100 | "The Variable" A variable | Paul Edwards | Faraday | 29 de abril de 2009 | 514 |
De regreso na illa, Faraday explícalles aos demais que debe atopar á súa nai, que pertencía aos Outros, pois ela pode axudalos a regresar onde pertencen. Xa na xungla, Faraday dilles a Jack e Kate que descubriu como evitar o famoso ?incidente?, e evitar deste xeito a cadea de acontecementos posteriores, como o accidente do Oceanic 815. Isto conseguirao detonando unha bomba de hidróxeno. Unha vez no campamento dos Outros, Faraday recibe un disparo mortal de parte da súa propia nai. Paralelamente, no campamento Dharma, comezan a xurdir fortes sospeitas contra Sawyer e Juliet. | |||||
101 | "Follow The Leader" Seguir ao líder | Stephen Williams | Varios | 6 de maio de 2009 | 515 |
No campamento dos Outros, Eloise dáse conta de que a quen acaba de matar é o seu fillo vindo do futuro, polo que decide axudar a Jack e levalo até onde está enterrada a bomba de hidróxeno. Paralelamente, no campamento Dharma, o Dr. Chang ordena a evacuación da illa, tal como recomendoulle Faraday. Sawyer, Juliet e Kate son postos no submarino. Por outra banda, en 2007, Locke, convertido no novo líder dos Outros se dirixe xunto á súa xente a atoparse con Jacob "para matalo". | |||||
102/103 | "The Incident" O incidente | Jack Bender | Jacob | 13 de maio de 2009 | 516/517 |
En 1977, Jack consegue levar o núcleo da bomba até "O Cisne", lugar onde ocorrerá o "incidente". Juliet, Sawyer e Kate regresan do submarino para axudalo. Paralelamente, en 2007, Ben mata a Jacob por indicación de Locke. En momentos en que isto ocorre aparece Ilana (a muller do avión que utilizaron Hurley e os demais para regresar á illa) portando unha caixa que contén o cadáver de Locke. Nos flashbacks, en tanto, vemos como Jacob estivo presente en varios momentos da vida dos sobreviventes do Oceanic 815. A escena final volve a 1977: Jack bota a bomba pero aparentemente non logra evitar o incidente, os obxectos metálicos son atraídos fortemente cara á fonte electromagnética e un deles arrastra a Juliet ao fondo da escavación, lugar onde finalmente consegue facer detonar a bomba. |