Los perros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Los perros
Ficha técnica
Título orixinalLos perros
DirectorMarcela Said
GuiónMarcela Said
IntérpretesAntonia Zegers
Alfredo Castro
Alejandro Sieveking
Rafael Spregelburd
MúsicaGrégoire Auger
FotografíaGeorge Lechaptois
Estrea2017
Duración94 minutos
Orixe Chile
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt6596454 Filmaffinity: 691937 Allocine: 255696 Rottentomatoes: m/los_perros_2017 Editar o valor em Wikidata

Los perros (tamén coñecido como Mariana en Europa) é un filme chileno de 2017. É a segunda longametraxe da directora chilena Marcela Said, e conta cun guión escrito por ela mesma. Estreouse en maio de 2017 durante a Semana da Crítica no Festival de Cannes,[1] e posteriormente presentouse con éxito en varios festivais internacionais, entre eles o Festival de Donostia, onde gañou o Primeiro Premio na sección Horizontes latinos.[2] O 12 de setembro de 2018 foi escollido para representar a Chile na XXXIII edición dos Premios Goya.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Mariana é unha muller de clase alta chilena. Afeita ao dominio paterno e do seu esposo, recibe inxeccións para quedar embarazada. Pouco a pouco, esperta nela o desexo por un excoronel convertido no seu mestre de equitación, e descubrirá o rol que a súa familia xogou na ditadura chilena.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]