Saltar ao contido

Los Deportes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Los Deportes
PaísEspaña
Lingualingua castelá
Fundación1927
editar datos en Wikidata ]

Los Deportes foi unha revista editada en Vigo en 1927.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Revista semanal deportiva, apareceu o 31 de outubro de 1927. Estaba dirixida por Ramón Fernández Mato.[1] Entre os seus colaboradores figuraron Rienzi, José Vidal, Allatnas, Arturo, Peña Novo, Olímpico, A. C. Lema e Zas‐Bun. Semanario ilustrado ideado por El Pueblo Gallego como o seu órgano deportivo. Foi tomada por referencia nos anos seguintes. Mostra a unión entre cultura, deporte e alta clase social naquel tempo. Publicou artigos pseudocientíficos sobre os beneficios do deporte, e tiña unha páxina destinada á high-life, nunha mestura de prensa de corazón e xornal deportivo. A súa vida foi curta, o último número apareceu o 26 de decembro dese ano.

  1. "Prensa viguesa. Periódicos y periodistas", El Pueblo Gallego, 5-8-1928, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]