Lorena Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lorena Miranda
025C9743 - copia.jpg
Nacemento7 de abril de 1991
 Ceuta
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxogadora de wáter-polo
editar datos en Wikidata ]

Lorena Miranda Dorado, nada o 7 de abril de 1991 en Ceuta, é unha xogadora española de wáter-polo do Club Waterpolo Dos Hermanas en Dos Hermanas (Sevilla). Anteriormente, formou parte do equipo do Club Natación Ondarreta Alcorcón, tendo as súas orixes no Club Natación Caballa de Ceuta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 co equipo nacional do seu país, acadando a medalla de prata, despois de vencer nas semifinais a Hungría por un marcador de 9-10 e perder na final contra os Estados Unidos (8-5).[1][2]

Tamén participou no Campionato do Mundo de Wáter-polo en 2013 coa selección feminina, obtendo a medalla de ouro após de gañar a Australia.[3]

Palmarés deportivo[editar | editar a fonte]

Selección española
  • Medalla de ouro no Campionato do Mundo Júnior de Wáter-polo ( Trieste 2011)
  • Medalla de ouro no Preolímpico de Trieste (2012)
  • Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres (2012)
  • Medalla de ouro no Campionato do Mundo de Wáter-polo (Barcelona - 2013)
  • Medalla de ouro no Campionato do Mundo de Wáter-polo (Budapest - 2014)

Distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. london2012.com (ed.). "Ficha de Lorena Miranda Dorado". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  2. "Lorena Miranda, del sueño a la historia". Diario de Sevilla. 11 de agosto de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  3. Estepa, Javier (2 de agosto de 2013). "Bañadas en oro". Marca. Consultado o 14 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]