Lorena Fernández Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLorena Fernández Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Basauri, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora , enxeñeira , divulgadora científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata

Lorena Fernández Álvarez, nada en Basauri en 1982,[1] é unha enxeñeira informática, directora de identidade dixital da Universidade de Deusto e divulgadora sobre STEAM (Science, Technology, Engineering, Art e Mathematics) con perspectiva de xénero.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lorena Fernández coñecida en Internet como @loretahur, graduouse en 2005 en Enxeñaría Informática e en 2006 realizou un mestrado en Seguridade da Información na Universidade de Deusto.[2] Desde 2007 escribe a sección de Internet da Revista Deusto.[3] De 2009 a 2011 foi responsable tecnolóxica da biblioteca (Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación - CRAI) da Universidade de Deusto.[4] De 2009 a 2012 responsable do desenvolvemento do portal vasco da Cultura: Kulturklik.[5] De 2013 a 2015 foi coordinadora de cursos INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación de Profesorado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).

Desde xaneiro de 2012 é a Directora de Identidade Dixital da Universidade de Deusto. Desde 2013 é titora do curso Educación conectada en tempo de redes no INTEF. Desde 2009 é colaboradora na sección "De las ondas a la red" no programa de radio "Hoy por Hoy Bilbao", da Cadea SER.[6][7]

Forma parte do comité científico e organizativo do Premio Ada Byron á muller tecnóloga.[8] Participa na plataforma Deusto Interdisciplinary Research Platform on Gender[9], Desde 2016 forma parte do Consello das Artes e a Cultura da Deputación Foral de Guipúscoa.[10] É parte do equipo organizador e mentora de Inspira STEAM, un proxecto que busca o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas.[11][12]

Participou en numerosos foros de divulgación científica para reflexionar sobre o papel das mulleres na Ciencia e para propor accións que reduzan esta fenda de xénero. En 2018 foi unha das seis invitadas ao evento "Women in Science" no Parlamento Europeo.[13]

Recentemente formou parte do grupo de persoas expertas que elaborou o informe “Gendered Innovations 2: How inclusive analysis contributes to research and innovation”, baixo a tutela de Londa Schiebinger.[14] A súa contribución “Facial recognition: analysing gender and intersectionality in machine learning” amosa como os sistemas de recoñecemento facial teñen máis problemas para identificar a mulleres de pel escura, e outros exemplos.

Traxectoria activista e de voluntariado[editar | editar a fonte]

Desde as súas orixes en 2012, é unha das compoñentes do colectivo feminista Doce Miradas.[15]

En 2015 estivo de voluntaria con Alboan na India, no proxecto India Bizira.[16] En 2016 colaborou coa ONG FISC da Compañía de María nun proxecto de voluntariado na illa de Mindanao, no sur de Filipinas para recoller testemuños e valorar as consecuencias do tifón Sendong acontecido en decembro de 2011. Ao seu regreso, a editorial A Fortiorti publicou o libro “Filipinas. Tierra de tifones” con 60 fotografías súas ás que acompaña un relato elaborado por distintas persoas.[17]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2018 Unha das 20 mulleres WOMENBI, exposición de fotografías e audiovisuais de mulleres profesionais de diversos ámbitos.[18]
  • 2018 Premio LIBRECON Awards á inclusión da muller no ámbito dixital.[19]
  • 2018 Premio Buber Honorífico.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lorena Fernández: ‘En mi opinión, los modelos son clave’ | Por pares" (en castelán). 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  2. "Lorena Fernández Álvarez – Deusto Alumni Time" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  3. "Revista Deusto : El Blog de Loretahur - Part 3" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  4. "Lorena Fernández | Deusto 125" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  5. diariovasco.com (21 de mayo de 2013). "Lorena Fernández | Ponentes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 24 de diciembre de 2018. 
  6. "De las Ondas a la Red" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  7. Universidad de Deusto. "Lorena Fernández Álvarez" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2022. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  8. "Premio Ada Byron" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2018. Consultado o 24 de diciembre de 2018. 
  9. "Researchers" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  10. "El Consejo de las Artes y de la Cultura analiza la futura norma foral de mecenazgo cultural" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  11. "Lorena Fernández Álvarez – Inspira STEAM" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 24 decembro de 2018. 
  12. Calero, Juan F. (10 de setembro de 2018). "Lorena Fernández Álvarez, directora de identidad digital de la Universidad de Deusto y mentora Inspira STEAM - innovación en español" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  13. "Lorena Fernández lleva al Parlamento Europeo el papel de la mujer en la ciencia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  14. "Lorena Fernández participa con personas expertas de todo el mundo en el informe de la Comisión Europea “Gendered Innovations”". www.deusto.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-02-14. 
  15. "Lorena Fernández | Doce Miradas" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  16. "India Bizira – Testimonios | Deusto Agenda" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  17. Blasco, Roge (22 de xuño de 2017). "Lorena Fernández en tierra de tifones." (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  18. "Lorena Fernández participa en la exposición WOMENBI, una mirada en positivo para visibilizar el protagonismo de las mujeres profesionales" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  19. "LIBRECON powered by CEBIT congrega a más de 1200 asistentes en su edición más internacional". www.comunicae.es (en castelán). Consultado o 2021-05-15. 
  20. "Entregados los Premios Buber Sariak 2018" (en castelán). 21 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 24 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]