Lois Fernández Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Lois Fernández Marcos, nado en 1949, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballa como perito mercantil. É autor do libro de relatos Homes do espacio (Castrelos, 1976) que foi un dos primeiros libros de ficción científica que se escribiron en galego. En 1995 aparecería unha versión ampliada do mesmo, baixo o título Galaxia lonxana (Xerais). En 1996 publicou A meiga de Naia e outros relatos, dirixido ao público xuvenil.