Locanda delle Fate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Locanda delle Fate
OrixeItalia Italia,
Período19771980
1999 − presente
Xénero(s)Rock progresivo
Selo(s) discográfico(s)Polydor
MembrosLeonardo Sasso
Ezio Vevey
Luciano Boero
Giorgio Gardino
Alberto Gaviglio
Michele Conta
Oscar Mazzoglio

Locanda delle Fate é unha banda italiana formada en 1977 e disolta en 1980, para volver en 1999 até a actualidade, pertencentes ao xénero rock progresivo, e ao subxénero de rock progresivo sinfónico italiano. Este grupo só editou un disco na época dourada do progresivo, chamado Forse le lucciole non si amano più (1977).

Membros[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Locanda delle Fate formárona un trío que tocaba en bares de Italia a principios dos anos 70. Os membros nese entón eran Oscar Mazzoglio (teclados), Luciano Boero (baixo) e Giorgio Gardino (batería). En 1974 uniuse a eles Alberto Gaviglio (guitarra), Ezio Vevey (voz e guitarra), Leonardo Sasso (voz) e Michele Conta (piano), formando unha das bandas máis impresionantes da moi rica escena progresiva italiana.

En 1977 publican a súa obra mestra, Forse le lucciole non si amano più, que foi espectacularmente recibido tanto polo público como pola crítica. Dese xeito lograron facerse un nome en Europa e Estados Unidos, cousa que é complicada para un grupo dunha fala diferente ao inglés. É máis, o disco é tan exquisito que foi comparado co Nursery Crime de Genesis. O éxito deste disco e o moi rico material permitiulles basear nel os concertos que fixeron durante os seguintes 4 anos, pero despois deste tempo separáronse.

Durante a súa separación, en 1993, edítase un disco en directo titulado Live, dun concerto da banda en 1977. A raíz disto, os integrantes comezan a considerar volver a xuntarse, cousa que fan en 1996, publicando un novo álbum chamado Homo Homini Lupus, en 1999.

Na actualidade o grupo atópase en proceso de volver á formación orixinal para mergullarse en novos proxectos.

Discografía[editar | editar a fonte]