Literatura en ido
A literatura en ido é aquela composta por todas as obras escritas nesta lingua.
A literatura nesta linguas comezou de forma brillante, pero despois da crise de 1927-28, o movemento idista e a súa literatura estiveron ao bordo da morte durante un longo período de tempo. Caben destacar desta época algúns libritos como Makedonia al Makedoniani. Este texto, que sempre é actual, foi escrito en 1913. Ao mesmo tempo apareceu o clásico Nova Horizonti, obra filosófica e francmasona de J. Barral.
Durante a primeira guerra mundial, apareceu Buddho e lua doktrino, que falaba da doutrina budista. En 1923 apareceu outra obra remarcable, unha antoloxía da literatura húngara da época. Os textos traducidos estaban en ido clásico e tiñan á vez un estilo elegante. Durante os anos 20, os idistas católicos traduciron vidas de santos. Moi bo libro é a tradución da obra de teatro do francés Jean Racine titulada Ester e traducida polo clérigo Guignon. Este libro é unha dos cumes da literatura en ido.
Afirmouse que o ido non era apto para a poesía, debido a que a súa función era a simple comunicación. Con todo, moitos poetas sentiron atraídos pola eufonía e a expresividade do ido e, en consecuencia, fixéronse nos anos seguintes numerosos poemas. O máis destacado poeta en ido é Andreas Juste. A alta calidade dos seus poemas e a súa gran produtividade son remarcables. Outros poetas son Luís Pasko (español), Jean Houillon (francés), Gilbert H. Richardson (inglés) e Jules Gross (francés). Hoxe en día, destacan Heidi Neussner (alemá), Friedrich Porzenheim (alemá) e Gonçalo Neves (portugués). Tamén destaca a irlandesa Tatanka.
Cabe destacar que Andreas Juste reviviu a literatura en ido. Escribiu unha antoloxía da literatura en ido desde os inicios ata os anos 40. En tempos recentes destaca Hans Stuifbergen e a súa tradución da vida do poeta francés Arthur Rimbaud.
En ciencia ficción destaca G. T. Romanin, con La suno di Tiahuanako publicada por primeira vez en 2004. En 2005 seguiulle a sátira Skandalo en Roseringen, editada por lle editorial idista Editerio Krayono. A gran sensación literaria de 2005 foi La Sucedanto, unha novela de detectives do arxentino Eduardo A. Rodi, que publicou tamén a súa segunda novela en ido Narkotanti. No campo da ciencia ficción cabería nomear ao mexicano Jose Cossio Ramirez, con Aventuri dil Amazonia: Unesma Kontakto (2006), e L'Aventuri dil Amazonia II: Gravito Zero (2007).
En 2006 apareceu en Alemaña do Leste GDR 66, de Robert Pontnau (Francia). Traduciuse e editou O Principiño (La Princeto) e Pinocchio de Carlo Collodi, ambas as obras traducidas polo español Fernando Tejón. Foi el quen traduciu tamén Romeo e Xulieta, de William Shakespeare.