Listel
Un listel,[1] en arquitectura, é unha moldura convexa de sección cadrada ou rectangular, con forma de lista longa e estreita, que xeralmente separa outras dúas.
É o espazo que queda entre as acanaladuras do fuste dunha columna ou dunha pilastra.
Tamén recibe o nome de filete.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra provén do latín medieval lista, "lista", "banda", "tira", e de aí pasou ao italiano, e deste ao francés na forma listel, e do francés pasou a outras linguas.[2][3][4]
Características e tipos
[editar | editar a fonte]O lintel pode ser:[4]
- Unha faixa fina e lisa que separa dúas molduras.
- Unha moldura estreita.
O lintel é unha das partes que entran xeralmente na composición dos diferentes membros dunha orde arquitectónica. Considérase un adorno que de ordinario vai unido a oturo de maior importancia. O listel non admite ningún outro adorno sobreposto, e por esta razón está comprendido no grupo das molduras lisas. Cando é ancho, os escritores latinos antigos adoitaban usar para designalo a voz taenia.
- Hai exemplos de arquitrabes de orde dórica coroados por un listel ou taenia, debaixo do cal se encontran, servíndollle de adorno, outros listeis pequenos, a cada un dos cales se ven adheridos pola súa parte inferior por seis golas cilíndricas algo cónicas.
- Na orde xónica as estrías das columnas están separadas por listeis, a diferenza das da orde dórica na que as estrías xúntanse polos lados, rematando en punta; ademais pode ser usado como adorno dos capiteis.
- Na orde corintia o lintel tamén serve para separar as estrías.
- Na arquitectura da Roma antiga, fundamentada nos principios da arte grega, non se encontra unha diferenza notábel en canto ao uso das molduras até nos últimos tempos do Imperio romano.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 listel no Dicionario da RAG.
- ↑ Listel no Trésor de la Langue Française informatisé.
- ↑ Rejón de Silva, Diego Antonio (1788): Diccionario de las Nobles Artes. Edición do COAM en 1995.
- ↑ 4,0 4,1 Lajo Pérez, Rosina (1990): Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0924-5.
- ↑ Enciclopedia moderna, 26: diccionario universal de literatura, ciencias ..., Francisco de Paula Mellado, 1833.