Lista de sociedades de vida apostólica da Igrexa católica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As sociedades de vida apostólica son grupos de católicos que viven en comunidade cun propósito específico. Diferéncianse dos institutos de vida consagrada en que non fan votos relixiosos públicos.

Sociedades de vida apostólica actuais[editar | editar a fonte]

Nome Siglas Fundador Fundación Membros Observacións
Compañía dos Sacerdotes de San Sulpicio P.S.S. Jean-Jacques Olier 1641 269 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "sulpicianos".
Congregación da Misión C.M. San Vicente de Paúl 1625 3.582 membros.[2] Masculina. Coñecidos popularmente como "vicentianos" ou "lazaristas".
Congregación de Xesús e María C.I.M. San Xoán Eudes 1643 489 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "eudistas".
Congregación Vicenciana C.V. P. Mannara, P. Powathil e P. Vattamkandathil 1927 714 membros.[1] Masculina. Pertence á Igrexa católica siro-malabar.
Fraternidade Sacerdotal de San Pedro F.S.S.P. Josef Bisig e compañeiros 1988 402 membros.[1] Masculina. Os membros desta sociedade pertencían á Fraternidade Sacerdotal de San Pío X. Abandonaron a anterior logo das consagracións de Écône por Marcel Lefebvre.
Fraternidade Sacerdotal dos Misioneiros de San Carlos Borromeu F.S.C.B. Massimo Camisasca 1985 157 membros.[1] Masculina. Vencellada no seu orixe ao movemento de Comuñón e Liberación.
Heraldos da Boa Nova H.G.N. Jose Kaimlett 1984 712 membros.[1] Masculina.
Instituto de Cristo Rei e Sumo Sacerdote I.C.R.S.S. Gilles Wach 1990 233 membros.[2] Masculina.
Instituto Español para as Misións Estranxeiras I.E.M.E. Gerardo Villota y Urroz 1899 157 membros.[1] Masculina.
Instituto para as Misións Estranxeiras de Yarumal M.X.Y. Miguel Ángel Builes 1927 202 membros.[1] Masculina.
Irmás da Caridade Social C.S. Hildegard Burjan 1990 103 membros.[3] Feminina.
Misioneiros da Santa Cruz M.S.C. 1976 30 membros.[1] Masculina.
Misioneiros de África M.Afr. Charles Lavigerie 1868 1.611 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "pais brancos".
Misioneiros de Guadalupe M.G. Conferencia Episcopal de México 1949 201 membros.[1] Masculina.
Misioneiros do Preciosísimo Sangue C.Pp.S. San Gaspar del Bufalo 1815 718 membros.[1] Masculina.
Misioneiros Domésticos de América G.H.M. William Howard Bishop 1939 58 membros.[1] Masculina.
Operarios do Reino de Cristo C.O.R.C. Enrique Amezcua Medina 1963 214 membros.[1] Masculina.
Oratorio de San Filipe Neri C.O. San Filipe Neri 1575 525 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "oratorianos".
Oratorio de Xesús e María C.O.I. Pierre de Bérulle 1611 39 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "oratorianos".
Pontificio Instituto para as Misións Estranxeiras P.I.M.E. Angelo Ramazzotti e Pietro Avanzini 1926 569 membros.[1] Masculina. Unión do Instituto para as Misións Estranxeiras de Milán (fundado en 1850 por Angelo Ramazzotti) co Seminario Romano para as Misións Estranxeiras (fundado en 1871 por Pietro Avanzini).
Sociedade Clerical Virgo Flos Carmeli E.P. João Scognamiglio Clá Dias 2005 479 membros.[1] Masculina. Xurdida como sociedade sacerdotal dos Heraldos do Evanxeo.
Sociedade das Misións Africanas S.M.A. Melchior de Marion Brésillac 1856 920 membros.[1] Masculina.
Sociedade das Nobres Virxes de Xesús Cinzia Gonzaga 1608 8 membros.[3] Feminina.
Sociedade de Maryknoll para as Misións Estranxeiras M.M. Thomas Frederick Price e James Anthony Walsh 1911 373 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "pais de Maryknoll".
Sociedade de San Columbán para as Misións Estranxeiras S.S.C.M.E. Edward Galvin e John Blowick 1916 458 membros.[1] Masculina.
Sociedade de San Patricio para as Misións Estranxeiras S.P.S. Patrick Joseph Whitney 1932 362 membros.[1] Masculina.
Sociedade de San Xosé de Mill Hill M.H.M. Herbert Vaughan 1866 562 membros.[1] Masculina.
Sociedade de San Xosé do Sagrado Corazón S.S.C. John Slattery 1892 95 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "xosefitas".
Sociedade do Apostolado Católico S.A.C. San Vicente Pallotti 1835 2.368 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "palotinos".
Sociedade dos Misioneiros de San Francisco Xavier S.F.X. Jose Mariano Bento Martins 1882 800 membros.[1] Masculina.
Sociedade dos Misioneiros dos Santos Apóstolos M.S.A. Eusèbe Ménard 1995 168 membros.[1] Masculina. Resultante da fusión de dúas sociedades anteriores fundadas por Ménard, a Sociedade dos Santos Apóstolos (fundada en 1950), e a Sociedade dos Misioneiros dos Santos Apóstolo (fundada en 1962).
Sociedade dos Sacerdotes de Santiago P.S.J. Congregación para a Vida Consagrada 1953 98 membros.[1] Masculina. Ten a súa orixe nun século antes, cos traballos en Haití do bispo bretón Martial Testard du Cosquer.
Sociedade dos Sacerdotes de San Xosé Bieito Cottolengo S.S.C. San Xosé Bieito Cottolengo 1839 65 membros.[1] Masculina.
Sociedade dos Sacerdotes Misioneiros de San Paulo Apóstolo C.S.P. Isaac Thomas Hecker 1858 134 membros.[1] Masculina. Coñecidos popularmente como "paulistas".
Sociedade Misioneira de Filipinas M.S.P. Conferencia Espiscopal de Filipinas 1965 86 membros.[1] Masculina.
Sociedade Misioneira Portuguesa S.M.P. / S.M.B.N. Bispos de Portugal 1926 108 membros.[1] Masculina. Tamén coñecidos como "misioneiros da Boa Nova".
Sociedade para as Misións Estranxeiras de Belén en Suíza S.M.B. Pierre-Marie Barral 1895 103 membros.[1] Masculina.
Sociedade para as Misións Estranxeiras de París M.E.P. Alexandre de Rhodes 1659 232 membros.[1] Masculina.
Sociedade para as Misións Estranxeiras do Quebec P.M.E. Louis Nazaire Bégin 1921 125 membros.[1] Masculina.
Sociedade para as Misións Estranxeiras de Scarborough S.F.M. John Fraser 1918 35 membros.[1] Masculina.
Sodalicio das Virxes Dominicanas do Espírito Santo D.S.E. Victor-Alain Berto 1943 114 membros.[4] Feminina.
Sodalicio de Vida Cristiá S.C.V. Luis Fernando Figari 1971 248 membros.[1] Masculina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 Datos de 2014 recollidos no Annuario Pontificio de 2015.
  2. 2,0 2,1 Datos de 2016 recollidos no Annuario Pontificio de 2017.
  3. 3,0 3,1 Datos de 2006 recollidos no Annuario Pontificio de 2007.
  4. Datos de 2012 recollidos no Annuario Pontificio de 2013.