Lista de bandeiras de Barbados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista das bandeiras utilizadas en Barbados. Para máis información sobre a bandeira nacional, vexa Bandeira de Barbados.

Bandeira nacional[editar | editar a fonte]

Bandeira Data Uso Descrición
1966 - actualidade Bandeira de Barbados Bandeira tricolor formada por dúas bandas verticais de cor azul mariño separadas por outra de cor ouro. Un tridente negro está sito no centro da banda dourada.

Bandeiras reais e vicerreais[editar | editar a fonte]

Bandeira Data Uso Descrición
1966 - actualidade Bandeira persoal da raíña Isabel II en Barbados Unha figueira barbada (coas follas en azul) no centro e unha flor de Caesalpinia pulcherrima en cada unha das esquinas superiores, sobre un campo amarelo. Sobre a figueira disponse un círculo azul coa letra "E" coroada, arrodeada por unha grilanda de rosas douradas.
1966 - actualidade Bandeira do gobernador xeral de Barbados Un león ergueito sobre unha coroa, sobre un campo azul, coa palabra "Barbados"

Militares[editar | editar a fonte]

Bandeira Data Uso Descrición
Estandarte naval de Barbados Un campo branco, cunha cruz vermella dividíndoa en cuartos, e coa bandeira de Barbados no cantón

Histórica[editar | editar a fonte]

Bandeira Data Uso Descrición
1885 - 1958 Bandeira da colonia de Barbados A bandeira británica co emblema de Barbados.
1958 - 1966 Bandeira da colonia de Barbados A bandeira británica co emblema de Barbados.