Lingwa de planeta
| Lingwa de planeta | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lingwa de planeta | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
A Lingwa de planeta (tamén Lidepla, LdP) é unha lingua auxiliar internacional, cuxo desenvolvemento empezou en 2006 na cidade de San Petersburgo, liderado por Dmitri Ivanov. A versión inicial da lingua publicouse en 2010. Lidepla baséase nas linguas máis faladas do mundo, é dicir, o árabe, o chinés, o inglés, o francés, o alemán, o hindi, o persa, o portugués, o ruso e o castelán.
Concepto
[editar | editar a fonte]A idea principal era crear un todo harmonioso baseándose nas linguas nacionais máis faladas e influentes do planeta. Diso sae como resultado o vocabulario de Lidepla, o cal contén unha cantidade significante de palabras non europeas, facendo de Lidepla un worldlang. Un principio xeral seguido na creación de Lidepla foi o ter algo en común coas linguas da maioría dos habitantes da Terra[1][2].
Equipo do proxecto e uso da lingua
[editar | editar a fonte]O líder do proxecto é un psicólogo, Dmtri Ivanov. Ele sentou as bases da lingua. As lingüistas A. Vinogradova e E. Ivanova axudaron durante a primeira etapa o desenvolvemento de Lidepla. En 2007 A. Lysenko uniuse e converteuse na lingüista principal do proxecto[1].
Desde o comezo o proxecto foi aberto e amplamente discutido en varios grupos de “conlanger”2 . Por agora (2014) máis de 15 persoas contribuíron á lingua de forma considerable (isto é, traballaron no vocabulario e a gramática, traduciron obras e textos orixinais, incluídas cancións)[1], por non falar dos que participaron nos debates.
Neste momento, a lingua úsase en comunicación real, principalmente por Internet (Facebook, Yahoo etc.). Unhas 15 persoas dominan a lingua, e unhas 50 pódena usar para comunicarse[1] . Hai moitos textos traducidos, incluíndo algúns bastante longos como Alicia no País das marabillas, de Lewis Carroll 3 e algúns contos. Existen cancións traducidas e cantadas, incluíndo un álbum do cantante profesional Jonny. M e subtítulos para debuxos animados e películas (como a película rusa Ivan Vasilievich: Volta ao Futuro)[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Статья в журнале СПбГУ (№ 13 (3855) 26 ОКТЯБРЯ 2012)
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 12 de setembro de 2014 en Wayback Machine.