Saltar ao contido

Linguas hispanocélticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hispanocéltico
Falado en:
Total de falantes: Linguas mortas
Familia: Indoeuropea
 Celta
  Celta continental
   Hispanocéltico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Linguas célticas en tons azuis e morados.
Linguas paracélticas en tons verdes.
Status

As linguas hispanocélticas son o conxunto de variedades dialectais de filiación céltica que se falaban na Península Ibérica na Idade Antiga.[1][2]

Algunhas destas linguas están testemuñadas epigraficamente, aínda que outras poden reconstruírse a partir de onomástica e de datos epigráficos estritos. Non hai probas de que as linguas hispanocélticas formasen un grupo filoxenético, e normalmente clasifícanse como parte do grupo das linguas celtas continentais.

Linguas identificables

[editar | editar a fonte]

As variedades hispanocélticas ben caracterizadas inclúen dous grupos:

  • Celtibérico, que é unha variedade oriental, a de corpus máis extenso e aceptada como «céltica», a celtibérica, que Jordán propón chamar "hispanocelta do nordeste".[3][1]
  • Galaico, que é unha variedade occidental, na zona atlántica (oeste da Vía da Prata), onde un corpus limitado de inscricións latinas contén algúns trazos claramente celtas, e que permitirían reconstruír o celta galaico.

Esta última variedade, menos testemuñada, que Jordán propón chamar “hispanocelta do noroeste", pode asociarse probablemente ás primeiras inscricións estelares do suroeste peninsular, que algúns investigadores[4][1][5] cren que representan unha lingua celta relacionada coa lingua tartesa. Todo este material representa máis dun dialecto. Hai numerosos exemplos de xenitivo plural en -um e -on, así como en -un, e polo menos unha inscrición dativo plural en -bor.[3] "Hispano-céltico occidental" é un concepto que serve para agrupar todo este grupo de falas da zona atlántica.[6]

Ademais, existen outros topónimos celtas que son máis difíciles de asignar a unha variedade lingüística concreta, polo que unha mellor calidade dos datos podería permitir reconstruír outra lingua celta ademais das dúas anteriores. De feito, todo o material celta existente na península correspondería a máis variedades que as recoñecibles, así como a lingua de etnias como os ástures, galaicos, cántabros, os vacceos, os carpetanos, os célticos e outros serían celtafalantes, pero non está claro até que punto as variedades lingüísticas que falaban constituían linguas diferentes do celtibérico ou do galaico, ou eran dialectos dalgúns destes últimos.

  1. 1,0 1,1 1,2 Jordán Cólera, Carlos (16 de marzo de 2007). "The Celts in the Iberian Peninsula:Celtiberian" (PDF). e-Keltoi 6: 749–750. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2010. 
  2. Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 481. 
  3. 3,0 3,1 Koch, John T (2010). Celtic from the West Chapter 9: Paradigm Shift? Interpreting Tartessian as Celtic. Oxbow Books, Oxford, UK. pp. 292–293. ISBN 978-1-84217-410-4. 
  4. Koch, John (2009). Tartessian: Celtic from the Southwest at the Dawn of History in Acta Palaeohispanica X Palaeohispanica 9 (2009) (PDF). Palaeohispanica. pp. 339–351. ISSN 1578-5386. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  5. "O'Donnell Lecture 2008 Appendix" (PDF). 
  6. Wodtko, Dagmar S (2010). Celtic from the West Chapter 11: The Problem of Lusitanian. Oxbow Books, Oxford, UK. pp. 360–361. ISBN 978-1-84217-410-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]