Lillian Asplund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lillian Asplund
Nome completoLillian Gertrud Asplund
Nacemento21 de outubro de 1906
 Worcester
Falecemento6 de maio de 2006
 Shrewsbury
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaSueco-americano
editar datos en Wikidata ]

Lillian Gertrud Asplund, nada en Worcester, Massachusetts o 21 de outubro de 1906 e falecida o 6 de maio de 2006, foi unha das 3 últimas superviventes do barco RMS Titanic.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lillian era a última sobrevivente con vida que recordaba o que aconteceu aquela fría noite de 1912 cando o Titanic se afundiu no medio do Océano Atlántico, xa que ela tiña 6 anos cando sucedeu aquilo. As outras dúas sobreviventes do afundimento tan só tiñan uns meses, así que non recordan nada da traxedia.

A historia[editar | editar a fonte]

A súa familia estivera a visitar a súa avoa en Suecia antes de embarcar no RMS Titanic para volver á súa casa. Lillian tiña 6 anos por aquel entón, e dous irmáns maiores: Óscar (nacido en 1898) e Hugo (nacido en 1902). Tamén tiña un irmán menor, Félix (nacido en 1909).

Asplund calou sobre as súas memorias do Titanic, compartindo a pena da súa nai sobre a traxedia e firmemente evitando calquera forma de atención de medios de comunicación. Nunha entrevista en 1989 Lillian Asplund describiu como ela, a súa nai e o irmán subiron ao bote salvavidas número 15 por unha ventá. Lillian contou que recordaba aos seus irmáns maiores e ao seu pai despedirse da súa nai, dela e do seu irmán menor Félix. Os seus irmáns maiores e o seu pai morreron afogados na traxedia, mentres que Lillian, o seu irmán e a súa nai lograron salvarse.

Vida posterior[editar | editar a fonte]

Lillian Asplund traballou en empregos de secretaria na área Worcester, e retirouse para coidar da súa nai, que ao parecer nunca conseguiu superar a traxedia e a morte do seu marido e fillos.

A nai de Lillian faleceu no ano 1964. O irmán menor de Lillian morreu en 1983, á idade de 74 anos.

Finalmente, Lillian Asplund morreu na súa casa en Shrewsbury, Massachusetts á idade de 99 anos no ano 2006. Foi enterrada no Cemiterio de Fe en Worcester, onde o corpo do seu pai fora enterrado en 1912.

Dez últimos superviventes do Titanic[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.