Ligamento radiocarpal posterior
Aparencia
O ligamento radiocarpal posterior ou dorsal é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación radioescafolunar. É un ligamento máis feble que o radiocarpal anterior. Orixínase na parte posterior da epífise radial inferior e diríxese cara a abaixo e cara a dentro. Finalmente insírese nas superficies posteriores do óso escafoide e do óso semilunar, continuándose a través dos ligamentos dorsais intercarpais. Por detrás ten os tendóns do músculo extensor dos dedos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.