Ligado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na notación musical, o ligado (do italiano legato, "unido") indica a unión de dúas ou máis notas musicais. Poden distinguirse dous tipos principais de ligados:

  • Ligados de notas iguais: o efecto é incrementar o valor (duración) das figuras, sendo esta duración a suma das duracións das notas ligadas.
  • Ligados de notas distintas: Indica que as notas ligadas deberán executarse como se fosen unha soa (aínda mantendo cada unha a duración correspondente á súa figura), para o que deberán utilizarse as técnicas apropiadas segundo o instrumento (arrastre, tensado, martilleo, etc.).

O ligado escríbese cunha liña curva entre as dúas notas ligadas, ou ben cunha liña curva enriba ou debaixo das notas ligadas. Neste caso, é costume agrupar antes as notas ligadas para que formen unha soa figura.