Liga de Corinto
A Liga de Corinto (orixinalmente a Liga Helénica) foi unha federación dos estados gregos creada polo rei de Macedonia, Filipo II, despois da batalla de Queronea no 338 a. C. e durante o inverno do 338 a. C.-337 a. C. co fin de derrotar e eliminar ao Imperio persa finalmente e liberar as cidades gregas da opresión do Imperio persa.
Historia
[editar | editar a fonte]A liga de Corinto tratábase nun principio dun simple tratado de paz, aínda que logo resultou unha alianza co propósito de invadir Persia e de vingar a profanación dos santuarios gregos durante as guerras médicas. A liga creouse a fin de facilitar o uso de forzas militares na guerra contra o Imperio Aqueménida de Darío III.[1] A liga de Corinto era, ademais, unha organización que tiña o propósito de preservar e garantir a paz xeral (koine eirene).[2]
As principais cláusulas eran:
- Garantíanse as constitucións dos Estados membro ao unirse.
- O Sinedrión, ou congreso de representantes, reuniríase en Corinto.
- A liga actuaría a fin de previr calquera agresión ou subversión contra calquera outro estado membro.
- A liga mantería un exército imposto polos estados membros en proporción aproximada aos seus tamaños.
- Filipo sería declarado comandante (hegemon) do exército da liga.[2]
En conxunto, coas cláusulas da liga, Filipo tería soldados en Corinto, Tebas, Pidna e Arta.
Os obxectivos desta liga eran:
- Derrotar e eliminar ao Imperio persa finalmente.
- Liberar as cidades gregas de Asia Menor da opresión do Imperio persa.[3]
Tratado de paz común
[editar | editar a fonte](Fragmentos dunha inscrición atopada en Atenas)[4][5]
[․․․․․․․․․21․․․․․․․․․․ Ποσ]ειδῶ ․․5․․
․․․․․․․․․․22․․․․․․․․․․ς ἐμμεν[ῶ ․․․․] ․․․․․․․․․․22․․․․․․․․․․νον[τ]ας τ․․․․ [․․․․․․․․18․․․․․․․․ οὐδ]ὲ ὅπλα ἐ[π]οί[σω ἐ]- [πὶ πημονῆι ἐπ’ οὐδένα τῶν] ἐμμενόντ[ω]ν ἐν τ- [οῖς ὅρκοις οὔτε κατὰ γῆν] οὔτε κατὰ [θ]άλασ- [σαν· οὐδὲ πόλιν οὐδὲ φρο]ύριον καταλήψομ- [αι οὔτε λιμένα ἐπὶ πολέ]μωι οὐθενὸς τῶν τ- [ῆς εἰρήνης κοινωνούντ]ων τέχνηι οὐδεμι- [ᾶι οὔτε μηχανῆι· οὐδὲ τ]ὴν βασιλείαν [τ]ὴν Φ- [ιλίππου καὶ τῶν ἐκγόν]ων καταλύσω ὀδὲ τὰ- [ς πολιτείας τὰς οὔσας] παρ’ ἑκάστοις ὅτε τ- [οὺς ὅρκους τοὺς περὶ τ]ῆς εἰρήνης ὤμνυον· [οὐδὲ ποιήσω οὐδὲν ἐνα]ντίον ταῖσδε ταῖς [σπονδαῖς οὔτ’ ἐγὼ οὔτ’ ἄλ]λωι ἐπιτρέψω εἰς [δύναμιν, ἀλλ’ ἐάν τις ποε̑ι τι] παράσπονδ[ον] πε- [ρὶ τὰς συνθήκας, βοηθήσω] καθότι ἂν παραγ- [γέλλωσιν οἱ ἀεὶ δεόμενοι] καὶ πολεμήσω τῶ- [ι τὴν κοινὴν εἰρήνην παρ]αβαίνοντι καθότι [ἂν ἦι συντεταγμένον ἐμαυ]τῶι καὶ ὁ ἡγε[μὼ]- [ν κελεύηι ․․․․․12․․․․․ κα]ταλείψω τε․․ — — — — — — — — — — — — — :𐅃 [— — — — — — — — — — : Θεσ]σαλῶν :Δ [— — — — — — — — — — — ῶ]ν :ΙΙ [— — — — — — — — — Ἐλειμ]ιωτῶν :Ι [— — — — Σαμοθράικων καὶ] Θασίων :ΙΙ — — — — — — — — — ων :ΙΙ: Ἀμβρακιωτ[ῶν] [— — — — — — — ἀ]πὸ Θράικης καὶ [— — — — — :] Φωκέων :ΙΙΙ: Λοκρῶν :ΙΙΙ [— — — — Οἰτ]αίων καὶ Μαλιέων καὶ [Αἰνιάνων :ΙΙΙ: — καὶ Ἀγ]ραίων καὶ Δολόπων :𐅃 [— — — — — — : Πε]ρραιβῶν :ΙΙ [— — — — — : Ζακύνθο]υ καὶ Κεφαληνίας :ΙΙΙ |
Xuramento. Xuro por Zeus, Gaia, Helios, Poseidón e todos os deuses e deusas. Cumprirei a paz común e non romperei o acordo con Filipo, nin tomarei as armas por terra nin por mar, prexudicando a ningún dos que cumpran os xuramentos. Nin tomarei ningunha cidade, nin fortaleza, nin porto por arte ou artificio, coa intención de facer guerra contra os participantes na guerra. Nin deporei o reinado de Filipo nin os seus descendentes, nin as constitucións existentes en cada estado, cando xuraron a paz. Tampouco farei nada contrario a estes acordos, nin permitirei a ninguén na medida do posible. Pero se alguén comete algunha violación do tratado, acudirei en apoio dos necesitados e loitarei contra os transgresores da paz común, tal e como decida (o consello) e solicite o hexemón e non vou abandonar.--------
dos tesalios--Elimiaotes--samotracios e Tasos---Ambracios---de Tracia e---Foceos, Locrios, Oitanos e Melieos e Ainianos --e Agreos e Dólopes---Perrebos---de Zacinto e Cefalonia. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hiru - Período Helenístico". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 22 de maio do 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Encyclopædia Britannica
- ↑ Historia 9 / Santillana. -Panamá : Editorial Santillana, 2014. Páxina 77.
- ↑ IG II² 236
- ↑ Rhodes & Osborne, p. 373
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rhodes, P.J.; Osborne, Robin (2007). Greek Historical Inscriptions, 404-323 BC (en inglés). Oxford / Nova York: OUP Oxford. ISBN 978-0199216499.